entrevista

Mar

Mar

Mar

Mar

Munich en dez respostas (1)

MunichDesta volta, convidei á unha boa amiga que leva uns anos en Alemania a respondernos unhas preguntas acerca da cidade que xa hai máis de dous anos que a acolleu. É Lía. Hai nada gastabamos os veráns en Ons, comendo pipas e torrándonos ao sol; e, coma quen di, na volta dunha man, ou de quince anos, en vez de ao solciño da illa, está pelexando polo futuro no norte de Europa.

Seguir lendo

Curmáns polo mundo… Basilea (Suíza)

Catedral de Basilea ” Munster” e río Rin

Coller a maleta e marchar para Suíza non quedou só naquela costume propia dos anos 60 e 70 da película “Un franco, 14 pesetas” (moi boa, por certo). Hainos que, nos tempos que corren, collen maleta e un voo de baixo custo e arrancan cara ao país suízo (a visión tipo Paco Martínez Soria deixando o país en tren con bocata de chourizo tiña máis gracia).

Seguir lendo