curmáns

Curmáns polo mundo II: Vilanova de Lourenzá (por Breogán Lourido)

Obra de Eduardo Baamonde, Urban Sketchers.

[É desas persoas que pensa “coa pataca”. Que espectáculo. Que pertence a unha familia de utópicos-idealistas. A nosa. Os que o seguimos sendo porque, como este que se relata a continuación, sabemos que os soños se cumpren. Alguén que intenta deixar pegada sen pretendelo. Ditosos nenos esponxa! Eles teñen a culpa. Que non só coñece Galicia, séntea. Por iso puxérolle Breogán? Quizais o nome fixo ao home. Percibiredes todo iso dunha soa tacada. Condensado nun post. Ou unha carta. Persoal? Íntima? Sen dúbida. Pero así se deberían coñecer os sitios. Vibrándoos. Como el descubriu Vilanova de Lourenzá]. Seguir lendo

Curmáns polo mundo I:Philadelphia

Rocky Balboa Philadelphia“Ao oeste en Philadelphia crecía e vivía sen facer moito caso á policía. Xogaba ao basket sen cansarme demasiado porque polas noites me sacaba o graduado”. Isto é o único que me vén á cachola cando penso en Philadelphia. E o queixo de untar. “Certo día xogando ao basket con amigos uns tipos do barrio metéronme nunha lea”. Así que lle pedín á miña curmá Elme, que vive nos arredores da cidade, que me conte algo máis de Philly. “E a miña nai dicíame unha e outra vez: Co teu tío e coa túa tía irás a Bel Air!”. Seguir lendo