coruña

Ubi

Ubi

Detrás do temporal

A Punta da Barca, en Muxía, énchese de espectadores cada temporal-Foto-Rubén Prieto de SurfCostadaMorte

A Punta da Barca, en Muxía, énchese de espectadores cada temporal-Foto- rubenprieto.com

Cada día, vemos como as novas relacionadas coa información meteorolóxica cobran máis e máis interese. Comprobámolo coa de minutos que medrou a sección do Tempo no Telediario (Pemán despachábao nun par de minutos coma ninguén), co nacemento de novas webs tremendamente actualizadas como 4gotas.com, ou facéndonos habituais a termos como “Cicloxénese explosiva”, que ben Mario Rodríguez nos explica en que consiste. Cantos sabemos de súpeto interpretar os mapas de isobaras?!

Seguir lendo

O Patrimonio da Humanidade en Galicia é…

A UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) crea unha lista de lugares aos que lle otorga o título de Patrimonio da Humanidade (ou Patrimonio Mundial) co obxectivo de catalogar, preservar e dar a coñecer sitios de importancia cultural ou natural excepcional para a herdanza común da humanidade.

Veña, pensade, sabedes cantas declaracións de Patrimonio da Humanidade pola UNESCO temos na nosa terra?

Seguir lendo