Cidade

Degustando ó son da Gastroteca

 

A Coruña está repleta de locales de restauración, a cada cal máis innovador, que pretenden ofrecer algo diferente para captar a atención do cliente. A Gastroteca, situada no Hotel Hesperia Coruña, acerta de pleno na súa carta de presentación pasando a incluirse nese listado de exquisitas boutiques de sabores da cidade herculina.

Seguir lendo

10 cousas que facer gratis en Lugo

 

Lugo

As torres da Catedral de Lugo pódense visualizar dende distintos puntos da cidade. Imaxes: @photolopez

A miúdo asociamos ocio ou turismo con custo económico. Pero en tódolos lugares hai cousiñas que coñecer que non supoñen gasto para o noso peto. Ás veces tan só é cuestión de indagar un pouco…  e na cidade de Lugo atopamos unhas cantas.

Seguir lendo

O entroido de Río de Janeiro – Brasil

Carnival_in_Rio_de_JaneiroNestas alturas do ano xa andamos pensando nas filloas e nas orellas do entroido galego que nos leva sempre a procura do disfraz mais quentiño para estas temperaturas do ano.

O ano pasado decidinme a cambiar os plans, buscar un sitio con máis calor e con disfraces diferentes, así que collín un voo dirección ao entroido máis famoso no mundo: O Carnaval de Río de Janeiro (Brasil). Seguir lendo

Salamanca, cidade dourada

A Praza Maior de Salamanca está considerada unha das máis belas do mundo

Este verán non foi como quixera en canto a viaxes pero puiden “revisitar” unha cidade que hai anos me conquistou: Salamanca. Xa sabedes que son das que penso que as cidades débense andar, patear, admirar e tocar con sensibilidade, e Salamanca non é menos. E teño que comezar pola Praza Maior, xa que aínda que Vicky, Adriana e Tugui xa vos levaron por ela, non podo non falar da praza máis fermosa de España e unha das máis belas do mundo. Algo así como o quilómetro cero da cidade, tal e como funciona a vida en Salamanca e se encontra configurada a urbe, haberá que pasar por ela con reiteración e os viaxeiros non poderán deixar de admirala unha e outra vez e gozar do seu ambiente, cambiante ao longo da xornada.

Seguir lendo

Ana

Ana

Vivir en Londres: o barrio de Brixton

Brixton marketBrixton é un deses barrios que están no centro de Londres pero que en canto o pisas, parece que te trasladaches a outro país ou continente. Está na ribeira sur do río, e é famoso polos seus disturbios, polos conflictos raciais e por ser unha zona na que mellor non pisar a finais dos 80. Sempre foi unha zona cunha situación socio-económica bastante complicada e hoxe en día, aínda se sinten de fondo as marcas do seu pasado, pero a súa imaxe está á alza, por iso na túa próxima visita a Londres tes que ir alá. Seguir lendo

A Bretaña francesa II: Saint Malo

Saint Malo é tal vez a cidade mais fermosa da costa bretoa. FOTO extraída de Travel Republic

Puxemos un pé no interior da Bretaña francesa hai unhas semanas a través de Rennes e desta volta imos coñecer unha pequena cidade da “terra asomada ao mar, ou como dicían os bretóns Armor. Trátase de Saint Malo, tal vez a cidade máis fermosa da costa bretoa e tamén unha das máis visitadas.

Seguir lendo