carta

Curmáns polo mundo II: Vilanova de Lourenzá (por Breogán Lourido)

Obra de Eduardo Baamonde, Urban Sketchers.

[É desas persoas que pensa “coa pataca”. Que espectáculo. Que pertence a unha familia de utópicos-idealistas. A nosa. Os que o seguimos sendo porque, como este que se relata a continuación, sabemos que os soños se cumpren. Alguén que intenta deixar pegada sen pretendelo. Ditosos nenos esponxa! Eles teñen a culpa. Que non só coñece Galicia, séntea. Por iso puxérolle Breogán? Quizais o nome fixo ao home. Percibiredes todo iso dunha soa tacada. Condensado nun post. Ou unha carta. Persoal? Íntima? Sen dúbida. Pero así se deberían coñecer os sitios. Vibrándoos. Como el descubriu Vilanova de Lourenzá]. Seguir lendo

“Enganchada ao Postcrossing!” Por @vanerebor

postcrossing_vane postaisTras descubrir www.postcrossing.com, a primeira persoa á que llo contei foi a @vanerebor. Sabía que lle encantaría! Pois como ela di ” facíame moita ilusión o de recibir postais, xa que teño unha boa colección delas e gustaríame seguir ampliándoa”. Así que, tras o aparente éxito que tivo a entrada, inviteina a unirse á familia de equipaxedeman para que nos conte a súa experiencia. Seguir lendo

Viaxa en Postcrossing! É rápido e low cost…

Postal Paises BaixosCando busco emprego, o que quero é ter vacacións. (“The Boss” é bromiña). A cuestión é: cando o traballo nos consume, como podemos viaxar sen mover un pé de casa? Unha noite vendo Baraka, a National Geographic no baño, zappeando atopas Españoles por el mundo (programa demasiado idílico-utópico para o meu gusto). Non! Eu hoxe propóñovos… o postcrossing! Un intercambio de postais con xente de todas as nacionalidades. Seguir lendo