Cádiz

Mar

Mar

Praias de Cádiz. Top 5.

Que levante a man o que foi este verán a Cádiz. Si, imaxinábao, xa vin as fotos que a metade de vós colgastes nas rrss. Todos visitando as mesmas praias, paseando polos mesmos pobos, comendo a mesma comida (isto último sempre reservado para instagram, xa abonda!). Será acaso como cando estás embarazada e tes un radar para o resto de embarazadas? Dá igual, o caso é que, farta da calor madrileña e a choiva galega, eu tamén me fun a Cádiz buscando sol e praia nun mesmo sitio, e atopeino, por iso tráiovos a miña ranquin de praias gaditanas. Vexamos se estamos todos de acordo. Seguir lendo

Feliz día de Andalucía… á galega!

Eu ía ser malagueña. Seguro que en “Cabriola” sae o meu xove pai mirándolle as pernas a unha adolescente Marisol. Pero a vida devolveu os meus proxenitores a Galicia, ou Galicia aos meus proxenitores. Que conste que eu me vexo na feira de Abril, comendo “pescaíto frito” e chamando ” pisha! ” ou ” quillo! ” aos amigos. Pero, grazas aos meus innumerables veráns “no sur”, herdei o amor por esa terra dos vándalos. Así que que mellor oportunidade que o Día de Andalucía para compartir convosco os meus cinco recunchos e recordos andaluces. Vai por vostedes!: Seguir lendo