brasil

O entroido de Río de Janeiro – Brasil

Carnival_in_Rio_de_JaneiroNestas alturas do ano xa andamos pensando nas filloas e nas orellas do entroido galego que nos leva sempre a procura do disfraz mais quentiño para estas temperaturas do ano.

O ano pasado decidinme a cambiar os plans, buscar un sitio con máis calor e con disfraces diferentes, así que collín un voo dirección ao entroido máis famoso no mundo: O Carnaval de Río de Janeiro (Brasil). Seguir lendo

Sonría, que está na Bahía!

Michael Jackson grabou o video con Olodum na praza do Pelourinho

Lucía é unha desas viaxeiras que en menos de nada prepara a súa mochila para coller rumbo a calquera destino. Fai uns días foise de vacacións a Bahía, unha cidade brasileira que estes días está de moda xa que é unha das sedes do Mundial 2014. Imos con ela ata aló.

Seguir lendo

Os Simpson viaxan a…

simpsviaxs

© 20th Century Fox Corporation

Tal día coma hoxe hai 15 anos andaba perdido polas clases e corredores da Escola Rosalía de Castro, en Vigo. Acababa de chegar. Un dos recordos que gardo é o dunha rapaza non moi popular que me falaba dunha serie que eu descoñecía e da que agora podería darvos máis referencias das que poidades soportar: Os Simpson. Esa rapaza hoxe é directora de cine.

Para un viaxeiro con poucas viaxes e adicto ás reposicións dos Simpson, era obligado un post baseado nunha das frases que atravesa moitos dos capítulos: “Os Simpson viaxan a…!”
Seguir lendo

Morriña de Santos

Café PaulistaSó fun unha vez a Santos (Brasil) pero hai unha parte de min que vive permanentemente alí, a que leva o apelido Rodríguez. Aínda que nin esa, nin outra parte, saiban falar portugués. Brasil foi destino de ida, sen billete de volta, para moitos galegos, cando aínda se viaxaba en barco cunha pequena maleta de coiro, e “os meus” elixiron esta fermosa cidade. Eu coñecina con nove anos, o verán que os meus pais decidiron regalarme (e auto regalarse) unhas vacacións pola miña primeira comuñón pero, malia a idade, poucas lembranzas e sentimentos se manteñen tan vivos como os desa viaxe. Seguir lendo

Ana

Ana

As Sete Marabillas do Mundo Moderno

As sete marabillas do mundo modernoSempre chamaron a miña atención os rankings e as listas… Na antigüidade, xa había unha lista para viaxeiros. Un poema chamado as Sete Marabillas do Mundo, sinalaba unha serie de obras arquitectónicas que se consideraban dignas de ser visitadas. Destas sete marabillas do mundo antigo, actualmente tan só perdura unha: a Gran Pirámide de Exipto. Seguir lendo