barbanza

Imos de ruta por Arousa Norte…

Ría de Arousa dende o mirador da Curota

Isto faise así: Teño un par de días libres e non quero ir moi lonxe. Elixo unha zona que non coñeza onde haxa un bo puñado de lugares visitables. Obxectivo: Desconectar, comer ben e disfrutar da paisaxe. Decisión final: O Barbanza e máis concretamente, a costa norte da Ría Arousa: ArousaNorte. Boto un ollo ás recomendación de Vicky aquí e Ubi aquí e arranco.

Seguir lendo

Fin de semana | Casa da Posta de Valmaior

CasadaPosta_Valmaior1

“Se vides un pouquiño tarde, entrades con esta chave pola porta da cociña. E se vos apetece coller un anaquiño de tarta ou de biscoito, mañá dicídesme que foron os ratos e eu vouno crer”. Penso que no hai mellor maneira de presentar a Rosa; ela encárgase de todo na Casa da Posta de Valmaior (Boiro). Por se aínda no reservastes a fin de semana, á amabilidade podedes sumarlle casa rural de 2 séculos de vida perfectamente coidada e acondicionada, de doado acceso pero nun entorno no que ninguén vos vai a molestar, e o sitio perfecto para deixar a Equipaxe de man mentres percorredes O Barbanza.

Seguir lendo

Ubi

Ubi

Non leves a toalla á Gran Duna de Corrubedo

Gran duna de Ferreira, Corrubedo

Non leves a toalla á gran duna de Ferreira, a duna de Corrubedo, que non ten saída

Lembraba eu unha visita de cativo ás dunas de Corrubedo. E a impresión que tiña era do mesmo deserto. Unha duna xigante, pola que nos tirabamos a rolos os pequenos mentres os maiores cargaban todo o equipo dominguero para chegar á praia da Ladeira.

Seguir lendo