Andalucía

Praias de Cádiz. Top 5.

Que levante a man o que foi este verán a Cádiz. Si, imaxinábao, xa vin as fotos que a metade de vós colgastes nas rrss. Todos visitando as mesmas praias, paseando polos mesmos pobos, comendo a mesma comida (isto último sempre reservado para instagram, xa abonda!). Será acaso como cando estás embarazada e tes un radar para o resto de embarazadas? Dá igual, o caso é que, farta da calor madrileña e a choiva galega, eu tamén me fun a Cádiz buscando sol e praia nun mesmo sitio, e atopeino, por iso tráiovos a miña ranquin de praias gaditanas. Vexamos se estamos todos de acordo. Seguir lendo

Ao pan pan e ao viño o Pimpi

Así debería rezar o dito. “Ao pan pan e ao viño o Pimpi“. Polo menos en Málaga. Teño que comezar a rexistrar tan ocorrentes ideas! Pois se ás cousas hai que chamalas polo seu nome, sen rodeos, diremos que esta é a mellor adega da cidade. (E bar, restaurante, coctelería, marisquería… pero cada cousa explicarémola ao seu debido tempo). Seguir lendo

De Montfragüe a Doñana II

DonanaLugares con tanta historia como Mérida, Salamanca ou Lisboa asumían sen protestar un papel secundario naquela viaxe. Xeración tras xeración, todos lembrabamos aquela experiencia como a “viaxe a Doñana”. 

Do caixón das frases útiles podería coller a de “Doñana é natureza en si mesma”, ou esa outra que di “Doñana é natureza desbordante, a diversidade de flora e fauna convírtena nun dos recursos naturais máis importantes do sur de Europa”. Todas estas frases naceron en Doñana. Si é certo que a súa biodiversidade é única, singular ou simplemente moi difícil de atopar.

Alí estivemos varios días. “Día 28/02/00. Erguerse ás 8:30 h. Aseo persoal e limpeza de bungalows. Almorzo ás 9:15 h. no restaurante do camping. Saída ás 10:00 h. no bus ata o pobo de El Rocío. Observación de aves na Marisma do Rocío”… Seguir lendo

Feliz día de Andalucía… á galega!

Eu ía ser malagueña. Seguro que en “Cabriola” sae o meu xove pai mirándolle as pernas a unha adolescente Marisol. Pero a vida devolveu os meus proxenitores a Galicia, ou Galicia aos meus proxenitores. Que conste que eu me vexo na feira de Abril, comendo “pescaíto frito” e chamando ” pisha! ” ou ” quillo! ” aos amigos. Pero, grazas aos meus innumerables veráns “no sur”, herdei o amor por esa terra dos vándalos. Así que que mellor oportunidade que o Día de Andalucía para compartir convosco os meus cinco recunchos e recordos andaluces. Vai por vostedes!: Seguir lendo