amigos

Refugio de Verdes-Coristanco

2484106262_c31e12d440_oComo ghallegha orghullosa da miña terra, ainda que esté lonxe non hai cousa coma ela. Un dos meus sitios favoritos é o Refugio de Verdes, no concello de Coristanco (A Coruña).

O Refugio de Verdes convertiuse nunha zona de recreo, con muiños restaurados, varias churrasqueiras e mesas de pedra ou de madeira para ir pasar un día marabilloso. Todo esto ben integhrado no entorno pa que a maxia non deixe de sorprendernos.

Seguir lendo

Ubi

Ubi

Visitando amigos, outro xeito de viaxar

Visitando-amigos-en-Polonia-e-norte-da-peninsula

Unha viaxe pode servir para visitar a moitos amigos que hai tempo que non vés

Á hora de prantexar unha viaxe sempre hai varios obxectivos e procedementos a analizar. Que me apetece, sol, praia e relax, montaña e aventura ou cultureteo? Pretiño en coche, tren ou autobús, ou marchar lonxe en avión? Ir en grupo pequeno, só, ou nunha viaxe organizada? E unha das preguntas que se poderían engadir é o feito de viaxar e de paso ir facendo visitas a amigos e familiares. Un xeito case que inmellorable de coñecer mundo gastando pouco, ao tempo que coidas a xentes que queres pero das que non tes ocasión de vivir preto.

Seguir lendo