Aloxamento

Curmáns polo mundo I:Philadelphia

Rocky Balboa Philadelphia“Ao oeste en Philadelphia crecía e vivía sen facer moito caso á policía. Xogaba ao basket sen cansarme demasiado porque polas noites me sacaba o graduado”. Isto é o único que me vén á cachola cando penso en Philadelphia. E o queixo de untar. “Certo día xogando ao basket con amigos uns tipos do barrio metéronme nunha lea”. Así que lle pedín á miña curmá Elme, que vive nos arredores da cidade, que me conte algo máis de Philly. “E a miña nai dicíame unha e outra vez: Co teu tío e coa túa tía irás a Bel Air!”. Seguir lendo

Eu de maior quero aloxarme nun Glamping.

Papás! Atentos! Este post dedícovolo. Iso si, antes de calquera explicación, pagades vós. Agora xa podo proceder. Sabedes ese muro que, en ocasións, sepáranos, entre o voso “clasicismo” e digamos o meu, en ocasións, “desenfadado ou simplemente xuvenil modo de vivir a vida”? Vós sabedes de que falo. Pois dei co equilibrio! Polo menos á hora de viaxar xa non haberá discusións entre hotel ou cámping, apartamento ou albergue… chegou ás nosas vidas o Glamping! Seguir lendo

Quince días en agosto

Ilha de Tavira“… total, día tras día traballando. E eu pregúntome para que?, para conseguir ao final de ano quince días?, quince tristes días de vacacións?, quince días para esquecer o resto dos días que pasas traballando? Quince días para non perder un segundo, con moitas présas, moitas présas. Quince días en agosto, quince días na praia, quince días como anos… ” E este verán eu sumeime ao rabaño. Quince días en agosto e a segunda semana en Albufeira (Algarve, Portugal). Pero mesmo os clásicos do turisteo teñen escondedoiros de paz. Seguir lendo

Revisitando Gante

GanteEn 2006 visitei Gante (Bélxica) e non me gustou. O único rescatable foi o albergue (de hi hostel como sempre), a súa xente (será que entre testáns e obstinados nos entendemos á perfección) e, por suposto, a cervexa (quedo co belga elefante rosa de Delirium). Pero cos anos lin libros, descubrín artigos, mergulleime pola rede e, en definitiva, aprendín cousas dela que hoxe me farían vela con distintos ollos.

Seguir lendo

Unha vida intensa a bordo do barco

 

Na vida á bordo do barco apenas hai descansos; isto é, calquer viaxeiro pode pasar case as 24 horas do día de actividade en actividade. Todas as noites repousa sobre a cama de cada camarote o chamado Diario de a bordo, que inclúe a cidade de destino do día seguinte, coas súas principais características e a temperatura que fará; os horarios dos restaurantes, bares e discotecas do trasatlántico; as actividades por horas que se poden realizar durante a xornada seguinte; o espectáculo que se poderá disfrutar á noite seguinte e a festa que haberá na cuberta do barco tras a cea, entre outros datos.

Seguir lendo

O cruceiro, unha viaxe a gusto do pasaxeiro

Ata o ano pasado nunca me apetecera aventurarme nun cruceiro, quizáis por unha mestura de respeto ó mar e de pensar que o escaso tempo que permanece atracado o trasatlántico en cada destino debía semellar ao efecto do caramelo que nada máis darcho cho arrebatan. Pero a realidade é que, unha vez probada a experiencia díxenme: “Por que nunca me dera por elixirte?”. Nos últimos dez anos triplicouse o número de pasaxeiros en alta mar. Os españois empezamos a ser expertos neste tipo de viaxes, amais de ser uns dos maiores receptores deste turismo.

Seguir lendo