SOS – Onde están as miñas estrelas? (por @JPineiroP)

San Vicente del Mar

Illa de Ons dende San Vicente do Mar antes de saír a lúa. As luces de Pontevedra e Vigo de fondo. [14/Ago/2014]

Lembro de pequeno esas noites de verán en San Vicente do Mar, cando alí había catro casas e as noites eran escuras. Podías quedar coa boca aberta durante horas mirando a un ceo que te devolvía coa Vía Láctea un sutil sorriso (mellor que o da Mona Lisa), rodeado de centos de estrelas.

Agora a vida tróuxome a Madrid, e podo sentirme afortunado cando ao saír á terraza son capaz de ver a Osa Maior completa. A contaminación lumínica é brutal. A mellor fotografía nocturna que fun capaz de facer (abaixo) foi a uns 40km de Madrid, preto de El Molar. Estiven sentado un bo rato xunto ao pau da esquerda (que para os interesados marca un vértice xeodésico a ver que conseguía ver. O resultado: un cuarto do ceo queda cegado polas luces de Madrid; no resto pódense ver estrelas, pero nin rastro da vía láctea.

Observatorio e Vértice xeodésico de El Molar, Madrid. [26/Abr/2014]

Madrid de noite, desde o observatorio de El Molar. [26/Abr/2014]

O certo é que xa teño algúns lugares na miña lista de viaxes pendentes que me podan devolver a eses ceos escuros onde poder pasar a noite sacando fotos. Probablemente un dos próximos sexa a Tenerife, no alto do Teide, e creo que este vídeo explícao todo. Sierra Nevada, polo que teño visto tampouco está nada mal. Tamén teño un amigo que nos próximos meses vai ir a Chile, e alí en Atacama probablemente estean algúns dos mellores ceos que se poden ver nesta terra, que por iso alí están os Observatorios Europeos do Sur. Pero sen dúbida un dos meus soños é ir aos países escandinavos e, rodeado de toda esa natureza salvaxe, saír á caza de auroras boreais.

Xa tedes a miña lista de desexos para facer fotografía nocturna. Agora e o voso turno! A todos os que gustades de gozar do ceo nocturno queremos pedirvos que nos recomendásedes os vosos lugares favoritos. Poden ser de calquera sitio do mundo, e se tedes algún preto de Madrid, prometo que a próxima noite despexada estarei alí, cámara en man e trípode ás costas. Podedes deixar as vosas propostas nos comentarios ou envialas a través das redes sociais e se vos animades a enviarnos as vosas propias fotos, probablemente acabedes matándome de envexa.

2 reflexións sobre “SOS – Onde están as miñas estrelas? (por @JPineiroP)

  1. Olga

    Espero que na súa lista ter un lugar nos Pirineos. Meu ligar favorito é o val de Chistau. Desde a “Basa de la Mora”, pode gozar dunha das maravillas da Natureza

    Responder
  2. Pingback: San Vicente at night | Javier Piñeiro Photography

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>