Somiedo ou a casa escondida de Heidi

SomiedoImpresionantes vistas, montaña e ceo, rutas de sendeirismo, o Parque Natural e a Reserva da Biosfera, a tranquilidade e a paz. Estes son algúns dos ingredientes que fan de Somiedo unha gran elección para a Semana Santa.

Para informarvos, son de visita obrigada o Centro de Recepción e Interpretación do Parque Natural e o Centro de Interpretación “Somiedo y el oso”, ambos na capital do concello, Pola de Somiedo.

Somiedo é coñecido pola altísima riqueza en canto á flora e á fauna. Podemos deixarnos ir e pasear entre pradarías, brañas e bosques de faias e outros ámbitos que fan de refuxio para rebezos, cervos, lobos, a pita do monte e incluso para o oso pardo. Se nesta Semana Santa non vos vén ben, gardade o sitio. Outro bo momento para visítalo é no mes de setembro, en plena época de berrea, cando os cervos ou veados están en celo, e emiten ruidosos sons para atraer ás femias.

SomiedoO interese do municipio, en canto aos elementos físicos, vén determinado polo accidentado do seu relevo, entre picos e vales, orixinados pola erosión que os ríos fixeron nas rochas calcarias; por unha historia glaciar importante, aínda palpable no conxunto de lagos de circo glaciar do Cuaternario que alberga; e pola abondosa auga, aproveitada dende hai anos nas centrais da Riera, La Malva e Miranda.

O valor etnográfico que permanece, destaca nas brañas, onde atopamos construcións de teito de escoba, chamadas cabanas de teito.

Polo conxunto de todas estas cousas, Somiedo é sempre unha gran opción. Aínda que me perdín, acabei baixando case a rebolos por unha ladeira nunha das rutas, aínda que me queimei; sempre o recomendo.

Eu aloxeime nos apartamentos Caunedo, moi próximos á capital do concello. Se me facedes caso, non vos faltará ningunha información, nin unha boa conversa, nin sempre un sorriso.

Ide! Somiedo é como vivir na casa de Heidi por uns días!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>