Sinterklaas, a versión holandesa de Papá Noel

IMAG1752

A celebración de San Nicolás nos Países Baixos, chamada “Sinterklaas”, é sempre esperada con moita ilusión polos máis pequenos.

Celebrada tamén noutros países como Bélxica, Luxemburgo ou Austria, eu non a coñecía ata que cheguei a Holanda ainda que, curiosamente, Sinterklaas ven de España a traer moitos regalos aos máis cativos.

Patrón dos mariñeiros, dos nenos e da cidade de Ámsterdam, desde fai case cen anos chega en novembro nun barco de vapor desde Madrid.

Non creo que o curso do río Manzanares sexa suficiente para facer tan idílica viaxe, pero a historia conta que realmente San Nicolás era turco, e os seus restos foron encontrados en Bari, antiga cidade española. Cousas da simplificación, o actual Sinterklaas ten a sua residencia na capital española.

Con el ven o seu cabalo branco que o acompaña a percorrer o país ata o dia 5 de decembro. E tamén chegan os Zwarte Pieten, os Pedros Negros, que son os encargados de repartir “pepernoten” (galletas típicas da festa) e tamén os tan desexados regalos.

Tódolos anos os Zwarte Pieten son polémica en todo o país. Sen querer estropear a maxia, que blancos holandeses se pinten de negro para ser só os axudantes despois do pasado esclavista do país, pois non está ben visto.

Independentes da polémica están os nenos, que teñen todo un ritual para recibir a Sinterklaas: hai que deixar os zapatos preto da chimenea, auga e cenoiras para o cabalo e cantar a canción de Sinterklaas.

Como en calquera celebración deste tipo, se foches un neno bo terás moitos regalos pero se foches un neno malo, non recibirás nada e meteránte nun saco e levarante de volta para España.

Curiosa forma de asustar aos cativos, ainda que cando xa non son tan cativos, España convértese nun dos destinos favoritos do turista holandés.

E vos, portástesvos ben este ano?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>