Sightsmaps: a ferramenta de Google para ver os lugares máis fotografiados do mundo

As zonas grises son as menos fotografiadas

Sightsmaps e unha atractiva ferramenta de Google para coñecer cales son os lugares máis fotografiados do mundo cun simple vistazo o seu mapamundi de calor. As zonas vermellas e amarelas indican que existen centos e centos de imaxes xeolocalizadas nesta rexión e, pola contra, as zonas máis escuras son as menos fotografiadas.

Para facer este mapa, Google basease nas imaxes subidas polos viaxeiros a Panoramio; unha das súas redes sociais onde o usuario sube e xeorreferencia as súas propias fotografías.

En Sightmaps pódense facer búsquedas para atopar un lugar concreto – probablemente o noso próximo destino ou outros nos que xa estivemos – e tamén crear rutas fotográficas.

Curiosamente, España é un dos lugares máis fotografiados con cidades como Barcelona, Madrid, Granada e Sevilla. Aínda que moi por detrás de Nova York que é a que encabeza o ranking mundial dos lugares máis fotografiados.

A Coruña, Santiago e Vigo encabezan os lugares máis fotografiados de Galicia

Xa en Galicia, os lugares máis fotografiados son:

  • A Torre de Hércules, a Praza de María Pita, e a zona vella da cidade da Coruña.
  • O Pazo de Fonseca, a Catedral e a Quintana, de Santiago de Compostela.
  • O Castro de Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>