SienteGalicia, o proxecto turístico de tres galegas

Sientegalicia é unha axencia de turismo liderada por tres galegas

Sientegalicia é unha axencia de turismo online liderada por tres galegas

Dende fai un século, todos os 8 de marzo celébrase a nivel internacional o día da muller traballadora. E como non podía ser doutra forma, en Equipaxe de Man queremos conmemorar este día facendo referencia a tres mulleres galegas que dende fai uns anos levaron a cabo (e con éxito) o seu proxecto turístico: SienteGalicia

¿Quen sodes?

Somos tres mulleres que traballabamos xuntas para outra empresa e outro sector diferente ó turístico. Decidimos desenvolver o noso espírito emprendedor ao detectar unha necesidade que non estaba cuberta.

Ás tres nos gusta viaxar e estabamos constantemente navegando en Internet na procura da nosa escapada ideal; por iso, nos puxemos en marcha creando o portal de venda de escapadas no que a nós nos gustaría comprar.

¿Que é SienteGalicia?

SienteGalicia é unha axencia de viaxes online de venda de escapadas temáticas (relax e benestar, hoteis con encanto, gastronómicas, urbanas…)  especializada na comunidade galega.

¿Que lle achegan tres mulleres a unha empresa galega do sector turístico e con presenza online?

A nosa intención é vender experiencias diferentes, a bos prezos e coidadosamente seleccionadas para satisfacer aos clientes máis exixentes. Intentamos dar unha diferenciación en canto a ser un portal innovador en funcioanalidade, deseño, e dar un trato próximo e transparente a todos os nosos usuarios.

¿O voso target é masculino ou feminino?

Según estudos revisados, a muller é a que toma a decisión da compra na maioría dos fogares…. Por ese motivo pensabamos que SienteGalicia podía ir máis enfocado cara a este target. Co transcurso dos tres anos que levamos coa plataforma, analizamos que os nosos clientes e usuarios son o 54% homes e o restante as mulleres.

Así que, hoxe en día dirixímonos a ambos, na nosa estratexia non marcamos diferenzas.

¿Credes que as mulleres nos atopamos con máis dificultades que os homes á hora de emprender? ¿Atopáchedesvos con algún impedimento por ser mulleres?

Dende os comezos da idea ata a posta en marcha, non detectamos ningún impedimento por ser mulleres. O que si apreciamos nos nosos inicios é que á hora de contactar e negociar con algún establecemento, non crían na nosa idea de negocio, pero no noso caso, quizais non foi por ser home ou muller, senón pola falta demostrable de poder ver nosa web naquel entón en pleno funcionamento.

¿Que cambiaría en SienteGalicia  no caso de que se sume ó equipo de traballo un home?

Actualmente en SienteGalicia somos cinco mulleres.  Á hora de incorporar persoal nunca descartamos ós homes; pero no noso caso, por curriculum e por funcións a desenvolver, ata agora foron as mulleres as que mellor encaixaron.

Quizais un home tende máis a buscar o control e o poder sobre os demais, maioritariamente son perfís que buscan máis recoñecemento persoal  e tenden a ter unha visión moito máis práctica… que, nalgún caso, caso si é necesaria.

¿O turismo é un sector no que existen distincións por ser home ou por ser muller?

Creemos que non.

Tres cualidades dunha muller traballadora

Organizada, práctica e comprometida.

Por último, ¿sabedes por que o 8 de marzo se celebra internacionalmente o día da muller traballadora?

Si, por suposto; ademais estamos encantadas. Creemos que é un giño a todas as dificultades e a todas as anulacións persoais das nosas antepasadas, inxustizas que tiveron que soportar, dereito de voto, o de ocupar cargos públicos, o dereito ao traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral.

Se nos encontramos noutra época, creo que ambas socias seriamos activistas en canto á igualdade refírese “revindicaríamos todos os nosos dereitos” , aínda que estando no século que estamos quédanos moito recorrido que andar.

2 reflexións sobre “SienteGalicia, o proxecto turístico de tres galegas

  1. margarita pascal misiti

    Nos encanta tener todos los servicios de una agencia sin movernos de casa Y la profesionalidad de este equipo de mujeres es maravillosa. Da gusto poder viajar con ellas

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>