Shanghai dende as alturas

Shangai dende arriba

Shanghai dende un dos rañaceos do distrito financieiro Pudong

En occidente sempre falamos do skyline de NYC. Pero en Asia a xoia dos ceos é o ceo de Shanghai.

Shanghai é a cidade máis poboada de China, e unha das máis poboadas do mundo, con máis de 20 millóns de habitantes. Non hai máis que subir a un dos seus rañaceos do Pudong para comprobalo. Cómpre cruzar o río Yantsé para chegar a este distitro financieiro e poder sumerxirse embaixo de edificios tan impresionantes como o redondo a Torre da Perla, o triangular Shanghai World Financial Center ou o precioso Jin Mao.

O ideal, para disfrutar de todas as luces (a polución tampouco permite solpores marabillosos, a verdade…), é subir antes do anoitecer, para vela cidade de día e de noite. Precisamente é de noite cando máis presta, con todas esas luces estridentes que se te fixan na retina.

Skyline de Shanghai

Skyline de Shanghai

Non podes marchar, iso si, sen baixar, cruzar de volta o río, e sacar un selfie co skyline… Nin en NYC quedamos tan asombrados da cantidade de fotos por segundo que se poden sacar nese paseo marítimo do Yansté, mentres pasan ducia barquitos (algúns con tantas luceciñas que parecen fluorescentes…) que te invitan a disfrutar dun cruceiro polo mítico Yantsé e…. a sacarte outro selfie.

Outro día coñeceremos o Barrio Francés, pero polo de pronto disfrutade das vistas…

Shanghai infinito

Shanghai infinito

 

O Shanghai World Center dende as alturas

O Shanghai World Center dende as alturas

 

Ranaceos en Pundong-Shanghai

Sumerxidos entre os Rañaceos de Pudong-Shanghai

Máis información

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>