Ruta dos faros de Galicia

Ruta dos faros de Galicia

Para aqueles que aínda non o saibades, cóntovos que podedes recorrer a costa norte, dende Ferrol ata Ortigueira ou Ribadeo, en tren. Esta iniciativa foi posta en marcha pola colaboración entre Turgalicia e o Concello de Ferrol, que lanzaron esta nova ruta turística en tren para coñecer os faros entre estas localidades. Esta ruta comenzou o pasado 21 de xuño e estará operativa ata o próximo 15 de setembro.

San Andrés de Teixido

As saídas son as fins de semana, sábados e domingos cada 15 días. Pero ademais, podedes achegarvos aos lugares a visitar como San Andrés de Teixido, Vixía Herbeira, Cabo Ortegal, Estaca de Bares, As Catedrais ou a Illa Pancha, posto que tendes á vosa disposición microbuses nos apeadeiros onde os trens non chegan. Tamén haberá un guía que vos acompañará para explicar a historia dos lugares visitados.

Praia das Catedrais

Con esta nova iniciativa podedes desfrutar dun día polos acantilados da costa norte, impresionantes, que segundo din son os máis altos de Europa… de praias fermosas como a praia das Catedrais e faros. Pero tamén doutros lugares como o que segundo o dito di que “O que non vai de vivo, vai de morto tres veces”, Sabedes cal vos digo non? Pois si, San Andrés de Teixido. Queda dicir tamén que a ruta pasa polo “kilómetro 0″, esto é donde confluen as augas do mar Cantábrico e as do océano Atlántico. O Cabo Ortegal.

Cabo Ortegal

Se estades interesados en facer a ruta, só tedes que visitar a páxina de Renfe, e escoller que recorrido que queredes, posto que existen dous itinerarios. O prezo para o recorrido curto, que remana en O Barqueiro, é de 35 euros, e para o largo de 40.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>