Ruta do cemiterio de Montjuïc, Barcelona

Seguro que o último que vos esperabades que recomendara da cidade condal é visitar un cemiterio, pero o bonito de repetir visita a Barcelona é poder descubir novos lugares de interese.

IMG_20150927_131124

Cementiris de Barcelona, S.A. organiza todos os domingos visitas guiadas gratuitas aos camposantos de   Montjuïc e Poble Nou.

No de Montjuïc son o 2º e 4º domingo de cada mes ás 11.00h en catalán e as 11.15h en castelán. A visita deste céntrase  no periodo de 1883 a 1936.

IMG_20150927_124256

O cemiterio de Montjuïc, sitúase nunha ladeira de este monte.  Un lugar único, un verdadeiro museo ao aire libre, unha colección única de arquitectura e momumentos.

Aèria-Montjuïc_reduïda

A visita comeza coa explicación de cómo aparecen os cemiterios como espacios de enterramento,  froio do crecemento da cidades e da insalubridade de enterrar ao redor das igrexas.  A continuación, unha rápida visual a unha colección de carrozas fúnebres que teñen no punto de información do cemiterio.

IMG_20151004_190351

Depois de esta explicación, empeza a propia visita ao cemiterio. Un percorrido que combina explicación sobre supulcros con moito valor arquitectónico e artístico e sepulturas de personalidades da vida política ou económica de Barcelona. Tamén hai nichos máis modestos parecidos aos cemiteiros galegos e outra parte adicada a outras creenzas ou relixións. Por último está o Fossar de la Pedrera, un memorial adicado ás víctimas do franquismo.

IMG_20150927_123336

Por último, mencionar que o cementerio ten a disposición mapas centrados na ruta artística, na ruta histórica e na combinada. Ademáis posue códigos QR onde se pode obter máis información sobre as esculturas.

Moldiv_1443978780364

Mapas e info sobre o cemiterio

Máis info: www.cbsa.cat

En twitter:  @CementirisBCN

En facebook: facebook.com/cementirisdebarcelona

Unha reflexión sobre “Ruta do cemiterio de Montjuïc, Barcelona

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>