De ruta… por Os Ancares lucenses en coche

Rio Navia en AncaresOs Ancares é o nome do territorio que se extende a un e outro lado da liña que limita as provincias de Lugo e León. O percorrido desta ruta céntrase nas pequenas vilas que salpican a paisaxe da comarca lucense.  A paisaxe é precisamente un dos principais atractivos, trátase dun espazo natural protexido e Reserva da Biosfera pola Unesco.

A ruta polos Ancares proposta é circular, polo que se pode empezar en calquera punto, pero probablemente a entrada máis natural chegando desde Galicia, sexa pola Autovía A6 nas saídas de Becerreá ou Navia de Suarna.

A primeira parada é en Pontes de Gatín, onde visitar unha ponte medieval que según a lenda fixo o propio demo nunha noite para que os veciños cruzaran o rio Navia. A continuación da ruta vai durante 20 km pola ribeira do río Cancelada ata Doiras, onde o castelo que lle dá nome ao pobo é o maior atractivo.

O castelo de Doiras (século XV) conserva perfectamente a súa estrutura exterior, ainda que o interior está moi deteriorado, froito do abandono que sofre desde fai décadas. Esta fortaleza defensiva de pequeno tamaño é propiedade privada, o acceso a el está condicionado por unha rexa que froito do mesmo abandono dos seus donos é bastante sinxela de salvar. Sen dúbida un imprescindible é facer unha visita para explorar o seu interior e desfrutar das vistas que hai desde a súa torre. Desta fortaleza dise que é unha das máis inexpugnables de Galicia.

Seguimos camiño en dirección a Degrada e Piornedo, deixando atrás o val para internarse nas montañas da Serra de Ancares. As panorámicas que imos atopar durante o ascenso mercen ben facer unhas paradiñas para desfrutalas e fotografialas…

Pasando Degrada está A Campa da Braña, onde ao lado do Albergue do Club Ancares hai unha aula de natureza (con horarios incertos) e dous fantásticos miradores. Desde o que está un pouco máis alonxado do albergue dise que nos días claros se pode distinguir a un lado a cidade de Ponferrada e a outro lado a cidade de Lugo.

Picos de Ancares

Tanto en Degrada, como na Campa da Braña ou en Piornedo (a nosa seguinte parada) hai varios roteiros de sendeirismo sinalizados e con diferentes dificultades/duracións.

Piornedo é probablemente a aldea máis coñecida da zona. Un poboado de orixe prerromana no que se conservan varias pallozas. Hai varios establecementos hosteleiros tradicionais onde poder tomar algo coa xente da aldea e recordar como ainda a finais do século XX se vivía nestas construccións. Hai dúas pallozas museo, a entrada (1€ de donativo para a conservación), merece a pena xa que os propietarios desta son quen a ensinan e os que poden dar explicacións sobre como vivían nelas.

A última parada da xornada é en Navia de Suarna, a única capital de concello que conserva un núcleo histórico, testigo dun pasado máis esplendoroso sen dúbida. Un percorrido imaxinando aos moradores das casas ahora medio abandonadas, a ponte sobre o río Navia e as vistas do castelo desde a mesma nos dan unha idea do que é a Poboa. Se é verán tamén se pode pasar un rato agradable na praia fluvial.

Voltar ao inicio da ruta é seguir a carretera que vai polo val do río Navia ata Liber. O traxecto enteiro é de aproximadamente uns 100 km, unha distancia que se pode percorrer nun só día coa calma suficiente como para desfrutala. Eso si, mellor para un día largo de verán ou de finais de primaveira para poder chegar con día a Navia de Suarna.

3 reflexións sobre “De ruta… por Os Ancares lucenses en coche

  1. Pingback: Ruta por Os Ancares en coche | Hotel Pontes de Gatín

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>