Rumbo ó “Dragón de Indochina”, Vietnam, 3ª parte

O cultivo e venda de perlas é un dos medios de vida dos vietnamitas de Ha Long

O cultivo e venda de perlas é un dos medios de vida dos vietnamitas de Ha Long

O norte de Vietnam

Toca coller un novo voo de dúas horas para chegar á parte máis bela do país desde o meu punto de vista, ó diamante deste enclave, á súa capital Hanoi e sobre todo á baía de Ha Long.

A capital de Vietnam (3.500.000 de habitantes) é a segunda cidade máis grande do país, despois de Ho Chi Minh. Convertida nunha das máis cautivadoras do sudeste asiático, teño que recoñecer que o seu Barrio Vello e os franceses, os seus templos milenarios e o gran número de lagos que atesoura, trasládante a un mundo máxico e irreal.

Mausoleo do líder Ho Chi Minh en Hanoi

Mausoleo do líder Ho Chi Minh en Hanoi

Realmente paga a pena visitar puntos da cidade como o Templo da Literatura, construído no 1070 para venerar ós fundadores do Confucionismo, Confucio e Zhou Kiem; o Mausoleo de Ho Chi Minh; ou o Lago Hoan Kiem, e se tes oportunidade de dar un paseo polo centro da cidade sobre un cyclo o día será perfecto. Esta última é unha boa forma para practicar o inglés cos vietnamitas entre pedaleada e pedaleada.

Lago da cidade de Hanoi con vista de Pagoda ó fondo

Lago da cidade de Hanoi con vista de Pagoda ó fondo

A 170 kilómetros de Hanoi atópase Ha Long, o maior centro turístico do país. Esta baía, fronteira con China, ofrece unha das paisaxes máis espectaculares de Asia. Cunha superficie de 1.550 km cadrados, conta con preto de 3.000 illas e illotes cubertos de vexetación que xorden do mar como estrañas esculturas.

Vistas de Hanoi

Vistas de Hanoi

Para desfrutar da “octava” maravilla do mundo en profundidade, a viaxe deparábanos tres días a bordo dun precioso barco de madeira con capacidade para 50 persoas. O tempo discurriu entre paseos en barca ata pequenos areais a pé de acantilado, visitas a pobos e mercados flotantes así como á impresionante “Cova Sorpresa” de Atravieso, considerada a máis espectacular da baía. Realmente semella a un teatro feito pola natureza, xa que o teito está decorado con estalactitas a modo de lámpadas de araña de cores e o chan confórmase cunha morea de rocas en diversas formas de elefante, cabalo, follas e frores.

Vistas da Baía de Ha Long

Vistas da Baía de Ha Long

Igualmente resulta interesante ter contacto cos vietnamitas que viven neste punto do país e cuxo medio de vida susténtase na venda de víveres ou de perlas, cultivadas nas propias augas da baía. Como non podía ser doutra forma, as tendas van a bordo.

Remeiras de Ha Long

Remeiras de Ha Long

Que si visitar Vietnam merece a pena? Xa só pola Baía de Ha Long diría que si sen ningún xénero de dúbidas.

Rumbo ó “Dragón de Indochina”, Vietnam, 1ª parte

Rumbo ó “Dragón de Indochina, Vietnam, 2ª parte

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>