“Road trip Euskadi – Lagos de Covadonga” por @Anitatheseventh

IMG_20150130_085422Cando fai unhas semanas lía o diario dunha viaxe polo norte peninsular noutro blog, non perdín ocasión de pedirlle a sua creadora que compartira un anaquiño con todos os amigos de Equipaxe de Man. Ela é @Anitatheseventh, gran amiga e responsable  de SnorkelJacket, e o que ven a continuación é o “Road trip Euskadi – Lagos de Covadonga”.

Soa ben no?

Ao final do post, regálanos un bó consello! ;)

IMG_20150130_092119

Estatua de Ken Follett, na Praza de la Burullería (Vitoria – País Vasco)

“Á metade de xaneiro tiven a oportunidade de facer una desas viaxes relámpago sen preparación previa. Entre a proposta e o subir ao coche coa maleta feita só mediou una hora e media. O destino era Bilbao, catro días en Bilbao moi ben aproveitados.

Na primeira xornada dirixímonos a Vitoria. A cidade ten un casco antigo moi doado de percorrer, cunha estructura en forma de noce coa que é fácil orientarse. Escoitando as explicacións sobre a cidade dos amigos que nos fixeron de guías y despois de visitar as dúas catedrais chegou a hora da comida: El gautxo (Cuchillería Kalea, 3). A tarde levounos a fotografiar a sequoia que presume de ser a árbore catalogada como singular polo goberno vasco: os seus 16 metros o xustifican. Despois de pasear por Salburúa fumos cear ao restaurante Matxete, na praza do mesmo nome. Moi recomendable o goxua, un postre típico vasco.

img_20150130_092013

A gran sequoia de Vitoria (País Vasco)

O segundo día o adicamos a Bilbao: os museos Guggenheim e Euskalduna (cunha exposición sobre os soldados de terracota de Xian) foron os protagonistas da mañana. Gracias á cea do día anterior o último no que pensábamos era no xantar.

IMG_20150130_091711

Parque de Dña Casilda (Bilbao – País Vasco)

Un breve paseo polo Parque de doña Casilda antes de voltar ao centro. Un clásico da cidade, o café Iruña (rúa Berástegui, 4) alimentounos e o agradecemos cunha botella de Auga de Bilbao para tres. Bastante bulicioso pero de teitos altísimos e artesonados, co que o ruido desfaise antes de cansar, a súa decoración e o cómodo dos seus sofás invita a unir a comida coa merenda.

img_20150130_091939

Museo Guggenheim (Bilbao – País Vasco)

O terceiro día o sol perseguiunos ata chegar a San Sebastián. A primeira vista sobre a cidade fixémola dende o Monte Igueldo. É una cidade para volver. Non hai máis. Deixando atrás o funicular chegamos ao paseo da Concha e despois ao casco vello. Rúas, balcóns, catedral e mercado… xa ía sendo hora de probar máis e máis pintxos. O elexido, ao que nos levaron os pés e Google no móvil, foi o Egosari (rúa Fermín Calbetón, 15) e acertamos.

IMG_20150130_091406

Funicular do Monte Igueldo (San Sebastián – País Vasco)

A pausa para o café da tarde a queríamos con sol, pero parecía difícil. Perdéndonos un pouco nas rúas paralelas á liña costeira chegamos á praza de Guipúzcoa, cun romántico xardín no medio e algunas cafeterías con vistas á Diputación Foral da provincia, edificio de finais do século XIX. Se o tempo acompaña e hai tempo, é moi recomendable achegarse ata a Praia Zurriola a ver bater as ondas no seu espigón.

Unha das xoias, para mín, de Bilbao, foi o que puxo a guinda ao terceiro día : o edificio da Alhóndiga (Praza de Arriquibar, 4), un antigo almacén de viño, incendiado e olvidado no centro da cidade, viviu una renovación total a comezos do século XXI e transformouse nun lugar de encontro, de perfil social e cultural, con oferta deportiva e de ocio…un perfecto exemplo de renovación da arquitectura industrial.

IMG_20150130_085255

Lago Ercina (Parque Nacional de los Picos de Europa, Asturias)

O cuarto día era o día de voltar a casa. O obxectivo era parar en Cangas de Onís e subir aos Lagos de Covadonga. Determinación creo que se chama. Tivemos cachopo (delicioso) e tabla de quesos (non a puidemos rematar) no restaurante Vega Redonda (rúa Rio Güena, 1, Cangas de Onís).

IMG_20150130_085838

Santuario de Covadonga (Cangas de Onís – Asturias)

Antes dos lagos paramos no Santuario de Covadonga. Parou de chover e as nubes deron un descanso para poder sacar unas fotos que non son nen a metade do que se ve na realidade.
Ignorante como son do mundo do ciclismo e moito máis da Volta á España, descoñecía a importancia que teñen os lagos para a mesma. Disfrútase o mesmo ascendendo as costas de 15º de pendente que o momento de chegar aos lagos e comprobar o xeada que está auga.
Abandoamos o val ao mesmo tempo que subía a néboa e marchamos cara a Vigo xa de volta. Catro días sen descanso nos pés e no estómago que deron para moito pero que deixaron ganas de moito máis. Por iso, “se vos proponen un plan que a primeira vista é una locura, dicide que sí sen pensalo”. —

Esta Anita, sempre tan divertida, tan disposta a toda clase de plans!  A versión extendida e en castelán en: https://snorkeljacket.wordpress.com/
Gracias querida! ;)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>