Fin de semana | O restaurante Cantábrico na Fonsagrada

RestauranteCantabrico

Restaurante Cantábrico. Foto: rutamichelines.es

Vivindo moi cerca de A Fonsagrada, nunca os pes tiña posto pola vila da fonte sacra. Aproveitando que había moitas boas novas que celebrar, fixemos unha escapada gastronómica ao restaurante Cantábrico no pasado mes de agosto.

O Cantábrico é un restaurante dos de toda a vida, onde se cociñan os mellores pratos locais cos ingredientes da zona. A gastronomía de proximidade que ahora está tan de moda e que na provincia de Lugo é a forma na que se entendeu a cociña durante toda a vida.

Están especializados na cociña de setas (vinculados ao Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia) e esto pódese ver na súa carta. Revoltos de setas, boletus con xema de ovo, cantarelus con zamburiñas, setas con allo ou croquetas de boletus son algúns dos pratos que pedimos e que podemos recomendar.

A carne tamén é un ingrediente fundamental na súa cociña (non podía ser menos, nesta zona de Lugo). Á nosa mesa viñeron pratos con solomillo, secreto ou mesmo cabrito e demos boa conta deles (ata non poder máis). Tampouco faltaron os callos con garbanzos e o remate cun surtido de postres caseiros, recomendación do camareiro que nos atendeu.

FonsagradaDespois da comilona, é recomendable facer algo de turismo polos arredores. Hai varios roteiros na zona da Fonsagrada e se o tempo acompaña pódese buscar unha beira do río na que darse un baño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>