Relax, comer e… wifi

Nestes tres “praceres” resúmense as necesidades do viaxeiro rural. Segundo un recente estudo do Observatorio de Turismo Rural, os aspectos que máis valora o viaxeiro actual á hora de tomar a decisión de hospedarse nunha casa de turismo rural son: as instalacións destinadas ao relax, un servizo de comidas e a conexión wifi. Como corresponden a estas demandas os establecementos turísticos? Imos ver que asignaturas aproban e cales suspeden.

O Observatorio de Turismo Rural, que é un proxecto de investigación liderado polo portal EscapadaRural.com, di que os establecementos cubren estas necesidades da seguinte forma:

1. Instalacións destinadas o relax:

– O 12% dos aloxamentos rexistrados en EscapaRural.com ofrece bañeira de hidromasaxe.

– O 3,04% dispón de sauna.

– O 2,9% conta con spa.

Suspenso: Tendo en conta que ésta é unha das preferencias dos turistas rurais debería de haber moita máis oferta deste tipo de servizos.

2. Servizo de comidas:

– O 28,54% dos establecementos rurais de España ofrecen almorzos.

– O 20,50% sirven ceas os seus hóspedes.

– E tan só o 17,07% ofrecen o xantar.

Suspenso: Salvo a hora do almorzo, os establecementos turísticos non cubren as necesidades gastronómicas dos viaxeiros.

3. Conexión wifi:

– O 53% dos establecementos rurais de toda España ofrece a conexión a Internet vía wifi.

¿Aprobado ou suspenso? Xuzga ti mesmo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>