Refugio de Verdes-Coristanco

2484106262_c31e12d440_oComo ghallegha orghullosa da miña terra, ainda que esté lonxe non hai cousa coma ela. Un dos meus sitios favoritos é o Refugio de Verdes, no concello de Coristanco (A Coruña).

O Refugio de Verdes convertiuse nunha zona de recreo, con muiños restaurados, varias churrasqueiras e mesas de pedra ou de madeira para ir pasar un día marabilloso. Todo esto ben integhrado no entorno pa que a maxia non deixe de sorprendernos.

Pero nun principio, este incríble sitio servía para os aghricultores e ghandeiros da zona para moer fariña. Ten varios muiños d’augha ó largho do río Anllóns. Casas que aínda se conservan bastante ben e ás que se ten aceso nesos dias de outono máis fríos. Hai dúas delas nas que hai mesas para os días de chuvia ou frío e nas que se pode comer dentro.

Non hai como desfrutar dunha churrascada cos amighos alí e pasar todo o día. Quen sexa máis aventureiro sempre pode levar o bañador e tirarse ó pozo natural que hai no río.

Pódese ir en coche, moto ou a pé, pero hai que ter en conta que a carretera é bastante estreita (só ten o ancho pa pasar un coche) e a pendiente é bastante ghrande. Aparcar alí requiere un artista ó volante, pero forma parte da aventura e seghuro que non tendes problema alghún.

Consellos:

    • Ir cedo (a nos sempre nos toca sortear quen ten que madrughar pa coller sitio)
    • Hai que ter en conta que non hai luz, nin electricidade, nin cobertura para os teléfonos.
    • Levar comida pa xantar, café, merenda e cea. Unha baraxa e moitas ghanas de leria. Ter que sair a comprar algo que se nos olvidou implica coller o coche e é algo a evitar.
    • É pa todas as edades, tanto os mais pequenos como os máis vellos disfrutan dun día único nun sitio único.

A maxia da nosa terra está escondida nesta esquiniña de Ghalicia. Como non estar orghullosa?

6267793172_53f9baff09_o 2617355625_7e5aa4f63b_o 2617354763_85d6ece35e_o  2483292001_2676635122_o2484107026_f9d9c79243_o 375887_3913178580992_323464943_n

 

Screen Shot 2015-04-03 at 14.37.21

Cómo cheghar

Screen Shot 2015-04-03 at 14.37.03

Cómo cheghar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>