Fin de semana | Onde comemos? París?

IMG_20140511_013758Non na cidade francesa, senón en O París, de Santiago de Compostela. Seguro que a moitos lle soa pola famosa ruta París-Dakar. O que noutro tempo fora unha tasca típica para tomarlle un viño, hoxe é un restaurante do máis moderno.

DSC_0677

Unha decoración ecléctica; mistura de flores, bobinas de cable convertidas en mesas e iluminación con certo carácter industrial fan unha conxugación perfecta do lugar.

Un sitio con encanto a onde adoro ir. Podes disfrutar dun menú do día variado ou medio menú por 9.90€ ou 7.90€. Sempre bo sabor e coidada presentación. O lugar tamén ofrece unha carta con propostas como burguers, patacas ao forno, ensaladas ou nuggets, entre outras. Ademáis a variedade de tartas tamén incita a visitar o lugar para una merenda doce.

DSC_0671

O mellor do mellor: A tarta de queixo. A típica fría con confitura de fresa. Simplemente excepcional. Son incapaz de cambiar este postre por outro cada vez que vou! :P

DSC_0672

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>