Quen somos

Equipaxe de Man nace do medo de quen se esconde detrás dunhas gafas e unhas flores rosas, a que a xente que se cruza no seu camiño e comparte con ela máis ou menos tempo e cousas, sufra o chamado “síndrome das bolas de dragón”. As que despois de convocar ao mencionado animal mitolóxico espallábanse a distintos lugares do mundo.

Un dos desexos pedidos ao dragón foi que dez persoas en distintos sitios puidesen compartir un mesmo espazo, un blog. Na nosa Equipaxe de Man colle moito máis que roupa para dous días, un pequeno neceser e unha cámara de fotos; atoparedes relatos de viaxes, de experiencias, suxerencias, plans de futuro, compromiso coa terra… Texto, imaxes e vídeos reflexo do noso paso ou do noso desexo de pasar por un ou outro punto do planeta. Ou de fóra do mesmo.

As normas están claras: que cada un escriba o que queira, como queira e de onde máis lle apeteza. Prohibimos iso si blogueiras ou blogueiros con parella estable dende os 15 anos, que aprobasen unha oposición aos vintepoucos e que atopen a satisfacción na mesma viaxe cada verán; porque necesitabamos xente acostumada a percorrer a Terra buscando as bolas máxicas, afeccionada a aprender de cada aventura e da xente que se atopa no camiño.

Queda feita a invitación a ler, comentar e compartir. Facede as maletas, facturade e embarcade cando vos pareza. Por motivos de seguridade esiximos ordenadores e móbiles acendidos. Que gocedes da viaxe.

Os viaxeiros...

Javimos

Ser con jafas, pero sobre todo perilla para tapar a papada. Disfruto tanto das viandas, que non me importa desplazarme anos-luz para testalas. Alguén máis se apunta a viaxar?

Adriana

Amante da fotografía, lectora impenitente e viaxeira incansable, tento aliñar todas as facetas da miña vida con dous ingredientes principais: paixón e enerxía. Podédesme seguir no facebook Adriana Rodríguez Eiroa

Ana

Ana

Na miña casa estase moi ben pero a min gústame viaxar. De momento non podo facelo tantas veces como quixera pero soño a miudo con pasar un ano da miña vida "vendo mundo". Tamén me podes seguir en Twitter @anadiazperez.

Cris

Galega, comunicadora e viaxeira, cun plan B, que a viaxe se convirta nun modo de vida.

David

Na Equipaxe de Man collen viaxes, experiencias, plans de futuro, ganas de coñecer, de fuxir, de voltar... Tamén de compartir e aprender. De profesión "xornalista"; en Twitter @Dlourido

equipaxe

Somos o Equipo de Equipaxe de Man, en qué podemos axudarche? :)

Fany

Galega viaxeira descubrindo mundo desde a fermosa Amsterdam. Estades invitados a acompañarme e desfrutar do camiño. A onde queredes ir?

Jennifer

Explorar, coñecer, camiñar, observar, fotografar, desfrutar, degustar, percibir, recordar... Todo iso e máis é o que significa unha viaxe para min. Poñer os pes por primeira vez nun lugar descoñecido e acumular quilómetros nos zapatos.

Katia

Aínda que nacida en Suiza, son galega de corazón, proxecto de socióloga e como boa tauro, cabezona e persistente cos meus obxectivos. Entre eles, o de dar a volta o mundo, quizais non en oitenta días, pero sí en oitenta anos, porque como cita unha tatuaxe que levo: “nunca deixes de soñar”, sobre todo, con viaxar.

Keruac

Produtor audiovisual, amante do cinema, da música e ante todo viaxeiro incansable. Cando viaxo vivo, cando non o fago soño con facelo... Observador obsesivo de cada lugar novo que visito, para logo lembrar día tras día...

Lorena

Encántame estar na casa... e tamén me encanta saír de viaxe pero a partir do oitavo día comezo a sentir esa morriña que os galegos tanto coñecemos e a adoecer coas ganas de comer o caldo e a tortilla que fai miña nai. @LorenaMCanosa

Mar

Mar

Crieime co verde nos pés e agora lévoo sempre no corazón. Viaxar é a miña maneira de aprender, de desconectar e reconectar; viaxar é a miña maneira de seguir.

Miguel

Moi curioso, encántame aprender todo o que poida dos sitios polos que paso. Viaxeiro por motivos laborais, teño quizais unha perspectiva distinta dos países que visito que á do típico turista ou a do mochileiro. Aínda que nas miñas viaxes teño moi pouco tempo para visitar lugares con encanto e facer fotos espectaculares para subir ao Facebook, si que paso moitas horas traballando e falando con persoas de culturas moi distintas á nosa.

Natalia

Xornalista de profesión, viaxo sempre que podo aínda que menos do que me gustaría. Non importa o entorno nin se está preto ou lonxe ou se é máis popular ou menos coñecido porque cada lugar que visito pasa a ser inesquecible e aumenta aínda máis as gañas de descubrir novos sitios!! En Twitter @nataliadimo

Namorada da miña terra, das súas lendas, mitos... pero sen que eso signifique que non me guste saír dela... Apaixoada por coñecer novos sitios e culturas, aínda que polo momento non tiven a oportunidade de viaxar moito, nun futuro non moi afastado espero facelo. Tamén podes seguirme en Twitter @Ticiana84

Tugui

Cerca o lejos, el caso es ver cosas diferentes. No conozco nada mejor que salir de la rutina, escapar y, de repente, estar en un sitio nuevo, con paisajes nuevos, amigos nuevos, costumbres nuevas...

Ubi

Ubi

Vaia lata traballar e non poder estar de viaxe eternamente... Poucas sensacións son comparables a mirar pola ventá dun tren en marcha no medio de ningures... http://instagram.com/ubaldoqpc

Vicky

Productora audiovisual, cando me deixan, por devoción; galega no exilio, a maior parte do tempo, por obligación. Non sei se me gusta máis viaxar ou o momento de voltar a casa. En Twitter @VictoriaLourido

4 reflexións sobre “Quen somos

  1. Katia Pérez Pose

    Son unha apaixonada das viaxes, sobre todo, dende que realicei un intercambio en México durante seis meses, o que me permitiu coñecer, tanto partes deste país como dos Estados Unidos. Creo que podería aportarvos novas sobre os países que visitei, por iso, se queredes, poñédevos en contacto conmigo,

    Un saúdo.

    Responder
  2. Xan

    Moi boas. Acabo de atopar o voso blog e estou encantando de que me contedes as vosas viaxes en galego e como galegos. Eu comecei hai tan só un ano co meu e espero que vaia medrando pouco a pouco. Deixo o enderezo por se lle queredes botar unha ollada.
    Unha aperta e os meus mellores desexos.
    https://cidadanmundo.wordpress.com

    Responder

Deixa una resposta a Katia Pérez Pose Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>