Propósitos viaxeiros para o meu novo ano

Propósitos do novo anoE por que escoller? Teño 365 novas oportunidades de experimentar, coñecer, gozar, aprender,… E penso aproveitalas todas!

- Quero días de saír sen rumbo, e volver á noite cargada de momentos para recordar.

– Quero viaxes de relax e desconexión: unha furgo, tres camisetas, e quilómetros por recorrer.

– Quero días de coñecer novas cidades: un plano, as zapatillas, a cámara, e horas por diante.

– Quero viaxes curtas pero intensas; aquí, pretiño, á volta dunha man.

É dicir, quero un novo ano cargado de experiencias para compartir na miña equipaxe de man.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>