Preparando a maleta e o botiquín

Os que me coñecen ben, saben que ultimamente me preocupa este tema dos productos farmaceúticos. Enlazando esta nova preocupación coas viaxes, percateime de que na miña experiencia de viaxeira case sempre tiven algún percance (de pouca importancia) que me obrigou a buscar unha farmacia de garda. E a ti, tamén che pasou algunha vez? Pois imos aprender a facer o botiquín de viaxe.

antesdeviajar.com é unha práctica e animada páxina web que indica os produtos de farmacia que debes levar na maleta dependendo do tipo de viaxe que fagas. Xa que non precisarás os mesmos produtos se visitas un destino nacional cos sobriños que se vas cos teus amigos a unha illa exótica.

Ben. Imos aló. E para iso, temos que ter moi claro tres cousas: a onde vas, con quen vas e que me pode pasar. Este último punto é máis impredecible, pero se normalmente me mareo e me vou de cruceiro será bo que leve conmigo unhas pastilliñas para o mareo… (por se acaso).

Unha vez que temos estas tres cuestións claras, o seguinte paso é seguir as instruccións da web para crear o botiquín en catro sinxelos pasos.

1. Elixir o destino: Nacional ou internacional? E logo o tipo de destino: cidade, montaña, mar ou destino exótico.

2. Tipo de viaxeiros: adultos, nenos, maiores, etc., e tamén se alguen sofre unha patoloxía como pode ser diabético, asmático, alérxico…

3. Ben! Xa chegamos ao botiquín básico que debemos de levar na nosa equipaxe que nos sacará dun bo apuro en caso de que na nosa viaxe suframos unha pequena ferida, unha molestia dixestiva, nos pique un insecto, teñamos unha alerxia ou nos suba a febre.

4. Por último, chegamos ao botiquín persoalizado, onde nos da outras recomendacións segundo o tipo de viaxe que estemos preparando.

Unha vez completados estes sinxelos pasos, a web ofrécenos a posibilidade de descargar, imprimir, enviar por correo ou compartir nas nosas redes sociais o botiquín que debemos de levar na nosa maleta. Unhas opcións moi prácticas para cando viaxamos con máis xente e así podemos compartir con eles esta información.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>