Petra, a cidade perdida dos nabateos

A chamada fachada Al-Khazneh (o Tesoro)

O resultado de calquer certame pode ser máis ou menos obxectivo, pero catalogar á antiga cidade nabatea de Petra coma unha das sete maravillas do mundo actual é un elemento de xustiza. O seu nome provén do vocablo grego πέτρα que significa pedra, e acerta de pleno dado que non se trata dunha cidade construída con este material natural senón tallada literalmente sobre o mesmo.

Enclavada no medio do deserto de Jordania e levantada a oitenta kilómetros do Mar Morto, Petra alberga unha das maiores maravillas creada pola Natureza e o home e encerra un enigma redescuberto para o mundo occidental hai dous séculos. Foron os nabateos, un antigo pobo árabe que se estableciu na zona no século VI a. C., os encargados de labrar a cidade e de situala no globo ó convertila nun importante punto de paso que unía as rutas da seda, as das especias e outros produtos de luxo entre Exipto, Siria, Arabia e o sur do Mediterráneo. A cidade seguiu en mans do poder nabateo ata aproximadamente o ano 100 d. C, cando a conquistaron os romanos. Posteriormente, no século IV d. C, pasou a mans bizantinas, e a raíz dun devastador terremoto e do debilitamento da cidade polo descenso das súas actividades comerciais, Petra non se reconstruiría e vacíaríase lentamente dos seus habitantes. A última mención da “cidade perdida dos nabateos” data de finais do século V-comezos do VI d. C. e non se devolverá á luz ata 1812 polo explorador suizo Johann Ludwig Burckhardt.

O tempo detívose en Petra. Cando accedes á mesma e camiñas por entre as altas montañas roxizas e as numerosas construccións esculpidas na roca trasládaste a un pasado lonxano perdido no confín dos orixes. O paseo comeza nun estreito canón denominado Siq, rodeado por imponentes acantilados que conducen á fachada chamada Al-Khazneh (o Tesoro). A luz do sol proxectada sobre as asombrosas formas e cores das montañas delimita o camiño a seguir ata chegar a esa inmensa fachada de 30 metros de ancho e 43 de alto construída no século I como tumba dun importante rey nabateo. Ademais dela, en Petra sobreviviron ó paso do tempo e tralo terremoto comentado centos de tumbas esculpidas na roca e con escuras entradas que cautivan a calquer visitante. A cidade máis preciada de Jordania tamén encerra un gran teatro de estilo romano, obeliscos, templos, altares para sacrificios, dous Museos así como o impresionante Mosteiro Ad-Deir.

Pero o contrapunto á antigüidade que rezuma polos catro costados Petra represéntano pequenos postos para vender artesanía local que rexentan distintos artesanos da cidade beduina de Wadi Musa. Non falta nos mesmos a xoiaría e a cerámica beduina, así como as botellas de area de cores da zona.

3 reflexións sobre “Petra, a cidade perdida dos nabateos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>