Palestina – Caderno de bitácora (VIII)

15 de agosto de 2011

Vendo-as-cicatrices-de-Nablus

Vendo as cicatrices de Nablus con Yihad

A visita por Nablus non empezara. As rúas parecen sobrevivir dignamente á guerra, pero as feridas non están, nin moito menos, cicatrizadas. E iso que estamos no momento máis tranquilo dende o 2000. Monumentos e bélicas estampitas homenaxean aos mártires, mortos, en boa parte, nos ataques aéreos israelís da última década. Varios eran os procedementos das forzas ocupantes. Un gran cañón de luz verde, que nace no alto da colina, paséase toda noite alumeando as escuras casas, e na que paraba, era bombardeada. Os buldozers eran os outros protagonistas, que directamente pasaban por riba das casas, mesmo con persoas no interior, como aquela señora que estivo durante 3 sepultadas ata que o propio Yihad a liberou da escombreira. Tanques, avións e M-16 contra pedras.

Orteras-homenaxes-aos-martires-de-guerra-por-Balata

Horteras homenaxes aos martires de guerra por Balata

Balata, o meirande campo de refuxiados

De ruas estreiras en no campo de refuxiados de Balata

De rúas estreiras en no campo de refuxiados de Balata

Visitamos un dos campos de refuxiados máis antigos e grandes do West Bank. No de Balata viven 25.000 palestinos en non máis de 1 quilómetro cadrado. Sen auga potable, sen servizo de recollida de lixo, as rúas de menos de 2 metros separan as ventás, as vidas unhas de outras.

Centro-Cultural-Jaffa-en-Balata-Nablus-Palestina

Centro Cultural Jaffa, o único pulmón do campo de refuxiados de Balata

No Centro Cultural de Jaffa, traballan dende 1952 en materia social. Dende aquel 1952 xa pasaron case que 60 anos. Ata os 70, unhas 5.000 persoas viviron en tendas de campaña sen electricidade nin auga corrente. A partir de aí, as familias, de 8 e 9 membros de media, ocupan xa un piso de 3×3. O paro ascende ao 40%, e o porcentaxe de veciños que traballaban en Israel pasou, en 10 anos, do 60 ao 3%. O lugar é considerado polo goberno israelí como un dos puntos máis problemáticos, e de feito, a 2ª intifada comezou aquí. Nos 10 anos de guerra morreron 230 persoas, e a día de hoxe hai 430 presos. Todo o mundo ten unha historia de guerra.

Con Mohamed vemos a vida máis humana de Balata. Paseando polas estreitas rúas, vemos aos cativos xogar entre o lixo. Facemos parada no cemiterio, onde Mohamed nos conta, diante da tumba do seu irmán, asasinado a tiros no 2005. “A loita armada non pode rematar”, reflexiona un palestino por primeira vez na nosa presenza.

As-cicatrices-da-loita-no-campo-de-Balata

As cicatrices da loita no campo de Balata

Faisal, un especialista en “media” duns 24 anos, tamén nos conta como, en pleno 2011, comezan a aparecer as primeiras consecuencias psicolóxicas graves do conflito. Tras anos de guerra e sen tempo para pensar en máis aló do día a día, a poboación comeza a pensar. O Centro ofrece toda clase de actividades, que funcionan como terapia. Talleres de costura ou “media” serven para escapar das súas mentes. En www.refugeevoioce.org podemos comprobar o seu traballo como informadores a través da rede.

Se ben Moha ten como terapia (e vicio) os videoxogos, entendemos que mellor é a risa. E niso están o Nablus Circus School. Uns 40 rapaces de entre os 10 e os 20 anos aprenden de todo: malabares, monociclos, ximnasia… pero sobre todo clown. Os pequenos aprenden, ríen, e fan rir. A entidade galega Pallasos en Rebeldía, dirixida por Iván Prado, sabe do que falamos.

Nablus Circus School

O Nablus Circus School si que serve de verdadeira terapia para a mocidade de Balata

 

Fumando cachimbas en Nablus

Nós tamén necesitamos terapia…

Palestina – Caderno de Bitácora

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>