Oviedo, capital do reino

Nada máis pór os pés na primeira baldosa de Oviedo, un dáse conta que se tratou antigamente dunha capital importante: estamos a falar da antiga capital do principado.

Basta con subir un pouco a mirada e ver como as antigas casas coloniais, perfectamente restauradas e rehabilitadas, conviven en perfecta harmonía coas edificacións máis novas, sen causar estupor á vista. As súas innumerables prazas, resgardadas entre rúas señoriais, son vangloriadas por fachadas multicolor e cheas de vida.

Poderíamos resaltar entre todo, a catedral e a praza desta, pero seriamos inxustos cunha cidade tan elegante e bela. Se, a súa catedral é impresionante, a pesar de só posuír un torreón (que foi feito a imaxe e semellanza da desaparecida Igrexa da Virxe dos Ollos Grandes de Lugo). Pero o conxunto que a rodea merece tanta atención ou mais.

Pasear por Oviedo é facelo cos cinco sentidos a flor de pel, xa que as súas innumerables rúas peonís do centro histórico, gardan en cada recuncho un segredo, unha edificación elegante e esvelta que ben merece unha foto. Un pode atoparse coa Igrexa de San Tirso (unha edificación do SXII, que fai a un viaxar coa mente no tempo) e mais adiante coa maxestuosa e colorida Casa do Concello, que impera nunha praza onde en cada esquina a mirada perderase durante minutos.


Algo ten que ter Oviedo para non ser outra cidade mais, e que ata Woody Allen namoráse dela. É quizais o que mais chama a atención, os anos que levan tanto gobernos como cidadáns coidando esta cidade. Gardando cada detalle do pasado, converténdoo nun complemento ideal dos novos tempos. En Oviedo sóubose rehabilitar con cabeza e sentido e iso salta á vista cando se pasea por ela.

Seriamos inxustos se non falásemos de dous dos seus mais importantes símbolos, que aínda que non están no centro da cidade, si a poucos quilómetros, e merece a pena visitar: os mausoleos de Santa Maria do Naranco e San Miguel de Lillo, igrexas prerrománicas situadas no Monte Naranco e Patrimonio da Humanidade (UNESCO). Non só neste lugar existe a beleza destes edificios, senón que acompañaa unha posta de sol impresionante, que anuncia a noite sobre a cidade de Oviedo.


E que dicir da súa imperante limpeza e pulcritude, que fan que a beleza abusadora desta cidade sexa mais inmensa. Cada parque, cada praza, cada calella, brilla dunha forma distinta. Esto fixo de Oviedo durante algúns anos a cidade mais limpa de Europa.

En poucas palabras poderiamos describir a Oviedo, como a capital do principado, pero que hoxe en día e co paso do tempo, por beleza, elegancia e limpeza, ben o podería ser do reino.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>