Os beneficios do turismo termal

Balenario de Mondariz

Galicia é un dos principais destinos termais de España ofertando más de 3000 prazas hoteleiras en máis de vinte balnearios repartidos por toda a comunidade galega. Este tipo de turismo soe estar moi vencellado á terceira idade; aínda que cada día coñecemos novos beneficios do turismo termal. Imos descrubrilos.

Antes de nada, vexamos que é un balneario.

Un establecemento balneario é aquel no que se empregan as augas mineromedicinais con fins terapéuticos e preventivos para a saúde. Xeralmente estas augas nacen de forma natural  e polas súas características e calidades decláranse de utilidade pública e aptas para tratamentos terapéuticos. Esta auga termal emana á superficie cunha temperatura de entre 4 e 5 grados máis alta que a temperatur media do lugar de onde emana e os seus principais beneficios débense á gran cantidade de minerais que a compoñen.

Balneario de Lobios, en Ourense

Están demostrados os múltiples beneficios que proporciona un baño en augas termais sobre o corpo humano. Estes son os máis importantes:

  • Mellora a circulación sanguínea e a oxisenación
  • Serve de tratamento para as enfermidades reumáticas crónicas
  • Son beneficiosos para problemas da pel; tales como a psoriasis ou a dermatite
  • Mellora as enfermidades metabólicas como a diabetes
  • Son de gran beneficio para os problemas respiratorios leves
  • Axudan a controlar o estrés

É importante manterse ben hidratado antes e despois destes baños termais para evitar, por exemplo, unha baixada de tensión.

Outros datos importantes, ó fío do que comentabamos na entrada deste post, é que cada ano Galicia rexistra ó ano uns 150.000 usuarios dos establecementos balnearios e que, na súa maioría, proceden de Asturias, Castela e León, Madrid e Cataluña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>