Ometepe, unha illa volcánica dentro dun lago

Presa Ojo del AguaO volcán Concepción e o volcán Maderas forman esta curiosa illa dentro do lago Cocibolca, en Nicaragua. Desde moi antigo Ometepe ten un magnetismo especial. Os indíxenas chegaron a ela desde outras partes do continente buscando a terra prometida polos seus sacerdotes (dous cerros rodeados de auga doce). Na actualidade conserva moitos restos arqueolóxicos (estatuas, esculturas, cerámicas, petroglifos…) que atestiguan que a presencia de poboadores nesta illa ven de moi antigo.

Que ver en Ometepe?

Ometepe, aislada do resto de Nicaragua polo Gran Lago,  é un destino que non e

stá explotado turísticamente, con pobos que non teñen nada de especial, pero nos que se pode compartir tempo ca xente local. As infraestruturas son humildes, case non hai carreteras asfaltadas, pero o entorno natural e a riqueza paisaxística son impresionantes.

Para coñecela, o máis recomendable é empregar o transporte público que conecta as principais vilas e dar a volta á illa empregando para elo dous ou tres días.  Camiñar ou conseguir unha bicicleta para poder pedalear entre as grandes plantacións de plátanos tamén son boas opcións.

Os núcleos de poboación máis importantes son Altagracia e Moyogalpa, a onde chegan case todos os ferrys. Unha vez en porto estes son os imprescindibles:

Punta Jesús María. Un sainte de area que se adentra case 1 km no lago Cocibolca e que empregan os pescadores locais como porto natural. A posta de sol nesta zona tiñe toda a paisaxe dunha fermosa cor alaranxada.

– A subida ó volcán Concepción (1.610 m.)  é complicada e só se pode facer contratando un guía local. Dende a cima, a panorámica da illa é impresionante.

Reserva Charco Verde. Este bosque tropical pódese percorrer nun roteiro que leva ata a Laguna Verde acompañados en todo momento dun nutrido grupo de monos aulladores que saltan de rama en rama sobre as cabezas dos visitantes. A laguna toma o nome da cor das súas augas, que están tinguidas de verde pola rica vexetación que a rodea.

Petroglifos e estatuas. Máis de 1.500 petroglifos e estatuas de gran valor foron atopados nesta illa, pero hoxe en día están repartidos por museos e centros de investigación de todo o mundo. Os que se conservan na illa están moi descoidados e pouco protexidos.

Presa del Ojo de Agua. Piscinas semi-naturais de auga totalmente cristalina. Un luxazo para descansar un rato rodeados dun entorno de vexetación espectacular. Os lugareños din que estas augas rexuvenecen en cada baño.

Ferry Ometepe

As praias, ainda que nos folletos turísticos as venden como paradisíacas, nada máis lonxe da realidade. Polo seu tamaño (e oleaxe) non o parece pero son praias dentro dun lago que non se caracteríza precisamente polo seu bo estado medioambiental.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>