O skyline de NYC dende o Ferry de Staten Island

O skyline de Wall St dende o ferry a Staten Island, unha das imaxes máis grabadas da viaxe a NYC

O skyline de Wall St dende o ferry a Staten Island

Intentamos xuntar actividades para cubrir 10 cousas gratis en NYC. Pero non é doado… Moito máis que pasear polos fantásticos parques…. Pero si que hai unha visita, e das que máis me impresionaron, completamente de balde. É a viaxe no Ferry a Staten Island, xa un dos clásicos de toda guía decente.

Xa leva pois sendo parada obrigada de toda clase de turistas, que comparten espazo cos traballadores que volven ao sur, ás súas casas. Cada media hora sae esta enorme embarcación laranxa, que percorre os 8 km que separan o peirao de Whitehall, ao carón do parque Battery, na punta sur da Gran Mazá, debaixo de Wall St., co peirao de Saint George, a entrada a outra gran urbe.

O ideal é coller o ferrri entre dúas e unha horas antes de que anoiteza, para poder disfrutar da vista do mítico skyline de NYC (se ben dende Brooklyn tamén hai unha boa vista, algo máis lateral) tanto de día como de noite. E de paso ver o solpor.

Wall St dende o Ferry a Staten Island

Imprescindible a viaxe no laranxa Ferry a Staten Island

 

A Estatua da Libertade dende o Ferry a Staten Island

A Estatua da Libertade dende o Ferry a Staten Island non impresiona moito

Nada máis saír o primeiro que hai que facer é poñerse na parte traseira para ver o skyline dende a cola do barco, e pegarse ao lado dereito, pois poderemos disfrutar da vista da Estatua da Liberdade, que segundo nos contaron, tampouco merece demasiado a pena gastar unha mañá ou unha tarde en ir concretamente a vela. Seica impresiona dende abaixo; a verdade, dende o barco non impresiona moito.

A pelexa polas ventás faise ruda, e os chineses cas súas cámaras apenas deixan un segundo, sen faer caso das risas dos locais.

O Ferry a Staten Island esta cheo de turistas

O Ferry a Staten Island esta cheo de turistas

 

Wall St dende os Muelles  de madeira do porto de Saint George de Staten Island

Wall St dende os Muelles de madeira do porto de Saint George de Staten Island

Unha vez chegados ao peirao de Staten, moitos xa collen o ferri de volta, pero aconselllaríamos calcular a que hora vai anoitecer antes de facelo, pois media horiña no peirao, botando fotos a estes espectaculares “muelles” de madeira, tamén merece a pena.

De volta comeza a escurecerse, os edificios empezan a iluminarse e xa nos imos achegando, as imaxes de tantas pelis, de tantas fotos panorámicas de tendas de fotografía… veñen á cabeza. A verdade, ver como os edificios se van metendo un detrás de outro cando nos imos achegando ao peirao de Whitehall, é unha das imaxes máis nítidas que teño da viaxe.

Rematou esta experiencia, pero ollo que caedes en Wall St. co gran centro comercial de gangas, o Century 21, a tiro de pedra, e China Town a 5 minutos.

Wall St de noite dende o ferry a Staten Island

Ver como se moven os edificios de Wall St. é espectacular

Máis novas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>