O museo de Escher – A Haia

Museo de Escher

Qué facer unha tarde libre de inverno? Ir de museos é sempre unha boa opción. Este sábado dirixímonos ao museo de M.C. Escher, artista neerlandés de fama mundial. Non o coñecedes? Seguro que recoñecedes algunha das suas obras imposibles.

O museo Escher está situado na Haia a menos dunha hora en tren desde Amsterdam. É a terceira maior cidade dos Países Baixos e a sede do goberno, ainda que non a súa capital.

A HAIA

A Haia é o centro administrativo do pais e ten o sobrenome de “a viúva da India” porque cando Indonesia se independizou dos Países Baixos, moitos dos holandeses que traballaban nas colonias holandesas quedaron a vivir na cidade xa que era onde pasaban os seus permisos de traballo.

A arquitectura da cidade diferenciase da do resto das cidades do país en que non posúe un casco antigo cheo de canais ou murallas, senón que se compón dunha serie de rúas pequenas da Idade Media que se foron expandindo nos séculos posteriores ata crear o que é a cidade na actualidade. No barrio de Bezuidenhout podemos encontrar restos dos bombardeos que sufriu a cidade na segunda guerra mundial. Gran parte do oeste da cidade foi destruído polos alemáns e posteriomente reconstruído con bloques de vivendas.

MUSEO DE ESCHER

A famosa frase sobre os galegos de que non sabemos nunca se subimos ou baixamos toma forma na obra de M. C. Escher.

Situado no antigo Palacio Real en Lange Voorhout, cerca da estación central de tren, o museo sobre Mauritts Cornelis Escher deixoume un moi bo sabor de boca.

Ao longo da sua carreira realizou máis de 400 litografías e grabados en madeira, ademáis duns 2.000 debuxos e borradores. No museo pódense ver máis de 150 obras do autor, incluíndo a súa obra “Metamorfose III” de 7 metros de lonxitude.

Artista inclasificable, ás veces a solución máis sinxela é a correcta: non había mensaxes que transmitir, só creaba o que lle gustaba. E como non hai mellor maneira para explicar a súa obra que mostrala, aquí vos deixo algunha fotografía dalgunhas das máis famosas.

1  6

2    3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>