O entroido de Río de Janeiro – Brasil

Carnival_in_Rio_de_JaneiroNestas alturas do ano xa andamos pensando nas filloas e nas orellas do entroido galego que nos leva sempre a procura do disfraz mais quentiño para estas temperaturas do ano.

O ano pasado decidinme a cambiar os plans, buscar un sitio con máis calor e con disfraces diferentes, así que collín un voo dirección ao entroido máis famoso no mundo: O Carnaval de Río de Janeiro (Brasil).

Tras deixar a mochila no hotel e cambiar a hora do reloxo, o mellor que podia facer era ir ata o centro a ver se había algo interesante que ver. E por suposto que había.

O centro de Rio de Janeiro

Todo o centro da cidade son rúas cheas de xente desfrutando da festa. Disfrazados ou non, a festa é para todos os públicos, dende os máis cativos ata os máis vellos, todos desfrutan dunha semana incríble.

Para moverse pola cidade usei o bus e despois a pé. Ainda que Río de Janeiro sexa unha das cidades máis grandes do país, debido a densidade de xente que se concentra esos días no centro o mellor é seguir a pé e desfrutar do entroido coma nunca.

Os blocos de rúa

Unha das mellores opcións é unirse a un bloco de rúa, que son xuntanzas de amigos e veciños que se disfrazan, bailan, beben e socializan mentras avanzan polas rúas da cidade acompañando ós músicos do propio bloco.

En Río de Janeiro estos blocos son gratuítos. Este ano serán uns 500 blocos de rúa, non será porque non hai onde escoller. Un disfraz, nada de valor nos petos e a divertirse.

Bloco de ruaBloco de rua

O sambódromo

A guinda do pastel deste entroido inolvidable para min foi ir ao Sambódromo. É o escenario ao aire libre máis importante do mundo e nel desfilan as escolas de samba e as súas carrozas. Cada escola de samba está composta por varias carrozas acompañadas sempre dun número incontable de persoas a pé cuns disfraces incríbles. Os desfiles son de larga duración, e dá para ver entre tres e cinco escolas de samba nunha noite.

SambódromoSambódromo

Os cariocas adoran o entroido. Antes de que acabe o entroido deste ano xa están pensando no do ano que ven. E a verdade é que o viven dunha forma especial.

Por suposto xa estou desexando repetir. Entroido todo o ano!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>