O branco Castelo de Castro Caldelas

Castro Caldelas dende o Castelo

A branca Castro Caldelas aos pés do Castelo

Visita rápida a nosa por Castro Caldelas, pero perfectamente válida. Subindo da Ribeira Sacra, atravesando o río Sil e adentrádonos na provincia de Ourense, tras unha agradable cata e de comer no bar de Chacín, subimos buscando a neve en Castro Caldelas. Dende a outra beira do río xa se albiscaba o branco, e subimos ata o castelo a ver as vistas.

A subida dende o embarcadoiro de Doade é ben fermosa. A ladeira ourensá do Avia non ten vides, pois o sol entra pola banda contraria, onde escadan os cantís as impresionantes as formas empedradas que permiten o cultivo da uva.

Xa no alto, paramos na Praza de Castro Caldelas. Xa habitada na época megalítica, como o corroboran as mámoas no burgo e na Serra da Mazaira, foron os señores da Casa de Lemos hereda o seu nome de “augas cálidas” no latín.

Pero a atención céntrase no Castelo Castro Caldelas. De orixe medieval, vixía dende o alto o devir da vila. Pequenas ruelas suben ata a entrada do Castelo obrigando a sentir a grandeza das súas murallas. O paseo pode estirarse ata o final do casco vello, onde atoparás estruturas curiosas.

As torres do Castelo Castro Caldelas dende as ruas

As torres do Castelo Castro Caldelas impresionan dende as rúas

 

Ruas de Castro Caldelas

Rúas de Castro Caldelas

O reloxo do castelo é para visitar, antes de pegar un berro no profundo alxibe e de dar un perigoso paseo (ollo cos esvaróns e máis en temporada branca) polas 3 torres. Dentro hai un pequeno museo que conta a Revolta Irmandiña, a culpable do estado ruinoso de parte do Castelo, na súa loita contra os abusos dos señores aló polo 1467. Un muro derruido mantense como parte do museo, e como símbolo da loita dos irmandiños contra o poder do señorío nas Terras de Caldela, como acontecía por exemplo nas de Soneira.

Dende o alto contémplase toda a vila. As vistas son, probablemente, o mellor da visita. Polo leste as montañas da Ribeira Sacra agochan embaixo dos cantís o Sil. Polo sur, os tellados nevados e as hortas cambian de cor a paisaxe e te devolven ao inverno ourensán.

Vistas a Ribeira Sacra dende o Castelo Castro Caldelas

Vistas á Ribeira Sacra dende o Castelo de Castro Caldelas

 

Vistas dende o Castelo de Castro Caldelas

Vistas dende o Castelo de Castro Caldelas

 

Vistas dende o Castelo de Castro Caldelas

Vistas dende o Castelo de Castro Caldelas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>