Nace BLUSCUS, a primeira axencia especializada en turismo mariñeiro de Galicia

si

O pasado sábado botaba a andar a primeira axencia online especializada en promocionar o turismo mariñeiro de Galicia, Bluscus. Co lanzamento do portal www.bluscus.es materialízase a posibilidade de participar en actividades de inmersión na cultura galega, a través da contratación de experiencias gastronómicas, náuticas ou marisqueiras singulares ou características das zonas do litoral.

A Illa de Arousa foi o escenario elixido polos emprendedores de Bluscus, Pablo Mariño (Ribeira) e Jacobo Camba (A Coruña), o día 21 de febreiro para facer a súa presentación oficial, onde deron a coñecer os seus servizos coa organización dunha xornada mariñeira na que participaron arredor de vinte persoas.

Os emprendedores do proxecto

A axencia, desenvolta baixo o amparo do centro de emprendemento Galicia Open Future de Telefónica, nace co obxectivo de dinamizar e explotar o potencial turístico da costa galega entre os visitantes foráneos. Deste xeito, e en palabras de Pablo Mariño “a nosa misión é dar a coñecer o noso rico e extenso patrimonio, aportando valor e ofrecendo de forma atractiva experiencias únicas ó publico nacional e estranxeiro”. Na liña deste obxectivo “a través da nosa web, o visitante pode acceder a unha ampla oferta de actividades e talleres as 24 horas do día, e sen necesidade de desprazarse a unha oficina física. Desde rutas en veleiro ou en kayak polas rías galegas, visitas a lonxas, degustación de produtos típicos a actividades relacionadas co marisqueo ou as artes de pesca tradicional. Hai moitos rincóns de Galicia que aínda son descoñecidos alén das nosas fronteiras e a nosa intención é darlles visibilidade para que os visitantes poidan descubrilos e disfrutalos tamén”, engadiu Mariño o día da presentación do proxecto.

Acto de presentación da axencia

Durante o acto, Mariño estivo acompañado pola directora de Promoción da Axencia Galega de Turismo, Carmen Pita; e por Mari Carmen López, a súa homónima no centro de emprendemento Galicia Open Futura de Telefónica, o lugar onde o proxecto tomou forma nos últimos meses baixo a supervisión de mentores de Telefónica e como parte do programa de aceleración.

Desde equipaxedeman.com desexámoslle moita sorte os emprendedores e longa vida ó proxecto!

2 reflexións sobre “Nace BLUSCUS, a primeira axencia especializada en turismo mariñeiro de Galicia

  1. Catherine

    Moitas gracias a vós, por tirar do carro do turismo galego e por apoiar iniciativas coma esta, que pretende favorecer o desenvolvemento sustentable do sector en Galicia.

    Un saúdo,

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>