Munich en dez respostas (2)

MunichComo o prometido é deuda, a segunda parte da “entrevista” á miña enxeñeira industrial alemana favorita está aquí. E é que quedábannos pendentes un montón de cousas imprescindibles para guiarte se decides coller un avión para pasar uns días en Munich.

6. O que menos che gusta de Munich?

A parte do obvio, que é non estar na casa, a “morriña”; o caro que é! Os alugueiros son altísimos!

Ademais, a falta de pescaderías. É que nos supermercados non hai peixe fresco, todo é conxelado e con pouca variedade (todo se resume en bacallao e salmón).

7. Tres sitios imprescindibles?

- Marienplatz (concello de Munich) e paseo dende aí a Karsplatz (coñecida como Stachus polos muniquenses).

- Englischen Garten  para os amantes da natureza, co seu biergarten no centro e coa posibilidade de ver surfear a xente na “ola artificial”.

BMW museum para os amantes dos coches.

Tamén o Campo de concentración de Dachau (É unha cidade independente a Munich pero moi cerquiña) e calquera fábrica de cervexa.

8. Tres sitios onde non ir?

Que difícil!

Hofbrauhaus é a máis famosa das cervexerías de Munich, pero sempre está a tope e hai un montón de barullo; ademais, non ofrece nada que non teñas nas outras que están repartidas pola cidade. Así que, se se trata dunha viaxe curta, non fai falta!

Flohmarkt: son mercadiños de segunda man. A xente á que non lle guste buscar e regatear, que non se acerque! Hainos todas as semanas en diferentes lugares e…véndeno todo!

– Quizais os típicos barrios dos exteriores.

9. Cal é a comida típica?

O codillo

- Brezel, que é un pan con forma de lazo. Está riquísimo, sobre todo untado con manteiga.

Weißwurst: unha salchicha branca típica desta zona

Semmelködel: bola de pan para acompañar carne

Leberkäse: un embutido

10. Prezo dunha barra de pan, un café e o aluguer dun piso?

Barra de pan: nun supermercado medio 1,10 €. No Aldi, que ten a típica baguette conxelada: 0,57 €. Nunha panadería: 2 euros

- Café: 2,50-3,50 euros (sen biscoito ou bombón acompañándoo)

Aluguer: é unha odisea! é dificilísimo encontrar un piso (demasiada demanda para pouca oferta) e ademais son moi caros. Actualmente, nós pagamos 1.300 € por un piso de dúas habitacións, salón, cociña, un baño e terraza, a 5 paradas en metro do centro. Coñezo xente pagando 800 € por un estudio e 650 por unha habitación.

E así chegamos ao final desta entrevista a Lía, a miña convidada dende Munich. Aínda así, se quedaches con algunha dúbida, non tes máis que escribírnolas en comentarios.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>