Munich en dez respostas (1)

MunichDesta volta, convidei á unha boa amiga que leva uns anos en Alemania a respondernos unhas preguntas acerca da cidade que xa hai máis de dous anos que a acolleu. É Lía. Hai nada gastabamos os veráns en Ons, comendo pipas e torrándonos ao sol; e, coma quen di, na volta dunha man, ou de quince anos, en vez de ao solciño da illa, está pelexando polo futuro no norte de Europa.

1. Onde vives?
Munich

2. Por que chegaches aí?
Despois dun tempo buscando traballo en Galicia e en España sen resultado, decidín que o mellor sería emigrar e intentalo na Alemania de Merkel, que ofrecía traballo aos enxeñeiros.

3. Describe a cidade brevemente.

Munich é unha cidade bonita, coñecida polo “Oktoberfest” (anecdoticamente dicir que empeza o terceiro domingo de setembro); ten un millón catrocentos mil habitantes, o que a converte na primeira cidade de Baviera.

Os alemáns din que é o “pobo” máis grande do mundo, e non lles falta razón, as rúas na súa maioría son pequenas e estreitas, sen existir grandes avenidas coma noutras cidades do seu tamaño.

Pola cidade pasa o río Isar e as súas beiras están feitas de forma que no verán se pode tomar o sol. Ademais diso, hai un montón de lagos que actúan de praias.

Foi sede olímpica no 1972, e as instalacións son actualmente usadas para todo tipo de actividades.

Ten moitos espazos verdes que se poden utilizar sen ningún problema para facer picnics, descansar, tomar o sol, e incluso, nalgunhas zonas, facer barbacoas. O “Englischen Garten” é o pulmón verde de Munich, atravesado polo “Eisbach”, que é a canle artificial onde a xente nova se pode bañar (está frío, pero nada cun galego non poida soportar!)

As sedes centrais de BMW e Siemens están aquí, posible un dos motores económicos do país.

4. Como é a xente aí?

Que gran pregunta! non sei como describilos…

Son xente agradable, e recíbennos moi ben aos emigrantes, a maioría falan inglés polo que a comunicación é doada dende o principio.

Adoran a montaña. O muniqués típico vai as fins de semana facer sendeirismo, rutas en bici de montaña ou calquera outra actividade que estea relacionada coa natureza. No inverno, o deporte estrela é o esquí (ou snowboard).

Nesta zona de Alemaña o estereotipo de alemán alto, rubio e ollos verdes non se cumpre, xa que ao estar ao sur, e hai moita xente de orixe italiano, suízo e austríaco, entre outros.

5. O que máis che gusta de Munich?

Os Biergartens! sen dúbida! Son zonas con bancos e mesas de madeira onde compras a bebida (normalmente cervexa) e podes levar ti a túa comida (tamén a venden alí). Os muniquenses aman estes sitios e en canto sae un raíño de sol non hai un sitio libre!

Tedes ganas de máis Munich? Pois vémonos no próximo post. Que aínda nos queda moito por descubrir!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>