MexilOnseTuits 2013

O próximo 2 de xuño os que nos dedicamos o mundo dos blogs temos unha cita en Bueu, na segunda edición do MexilOnseTuits, o Festival Social Media de Galicia, e a cal este equipo se presentará a través de equipaxedeman.com e eu ademáis con costadamortegalicia.com. Tiven o pracer de asistir a primeira edición por que un amigo me insistiu para que fora e donde lle puxen cara, como ocorre cando hai encontro de blogueiros, a algún tuitero que outro.

Este festival xa ten aberto o prazo para poder inscribirse dende o pasado 3 de abril e ata o próximo 5 de maio para optar aos Premios Galegos do Marketing en Medios Sociais nalgunha destas categorías:

– Mellor Axencia 2012
– Mellor Blog de Moda
– Mellor Blog Informativo/Cultural
– Mellor Blog Turístico
– Mellor Blog Gastronómico
– Mellor Blog Tecnolóxico
– Mellor Campaña en Canles Sociais
– Mellor Video Viral
– Mellor Campaña Low Cost

Así que xa sabedes blogueiros, aquí vos deixo o enlace para poder incribirvos: Formulario de inscripción e para aqueles que queirades asistir como público o custo e de 20 euros. Un xurado composto por expertos no mundo do social media son os encargados de valorar os proxectos e elixir tres finalistas en cada categoría. O 2 de xuño, durante o festival, proclamarase o gañador de cada categoría.

Pero o festival non acaba aquí, ao igual que o ano pasado, despois poderemos disfrutar dunha comida de desgustación de productos típicos na lonxa de Bueu entre outras actividades. Pero o mellor será coñecer nova xente, poñerlle cara a outra, desfrutar da gastronomía da zona e das restantes actividades.

Categorías:  Outros
Etiquetas: 
Data: 

Namorada da miña terra, das súas lendas, mitos... pero sen que eso signifique que non me guste saír dela... Apaixoada por coñecer novos sitios e culturas, aínda que polo momento non tiven a oportunidade de viaxar moito, nun futuro non moi afastado espero facelo. Tamén podes seguirme en Twitter @Ticiana84

Unha reflexión sobre “MexilOnseTuits 2013

  1. Pingback: MOITAS GRAZAS A TODAS AS WEBS QUE FALARON DE MEXILONSETUITS 2013 | MexilOnseTuits

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>