Máquinas expendedoras saudables para os viaxeiros do futuro


Nada, non podía ser doutro xeito. JaviMOS pásao en grande indo dun sitio para outro, aínda que non sexan infinitos kilómetros… pero sempre que sexa por algunha boa razón. Cales son as miñas razóns preferidas? Pois ademais da paisaxe, das xentes do lugar, e de como sexa de interesante o propio traxecto ata chegar alá… sobre todo eu miro o tema da papatoria! ;)

Mágoa que nos últimos tempos xa non teña o apetito de antaño… en parte porque dende que empecei co proxecto #AdelgazaMOS o primeiro que conseguin foi moderarme nas inxestas. Pero eso non significa que deixe de apreciar as viandas, case diría que todo o contrario…

E por que? Pois porque polo vivido estas últimas semanas, cada sabor, cada textura, cada contido calórico que antes non miraba… agora sí! E son todo detalliños, que pode que para moitos non sexan importantes, pero para min cada vez máis. E supoño que, visto o que contan Aquí por exemplo, non debo de ser o único.

Si, o turista do século XXI é todavía máis esixente. Non só se compromete co respeto ao medio, co turismo sostible e coa curiosidade e admiración a cada cultura visitada. O turista aposta cada vez máis pola “slow food”, e vai un paso máis alá frente as tendencias xerais. Quizáis por iso aparecen iniciativas como esta de facilitar ao viaxeiro unhas máquinas de comida sana frente as habituais cheas de cousas máis orientadas a proporcionar diferentes azúcares refinados que a alimentar o corpo con alimentos frescos e de calidade.

Non é só polo momento de dieta e busca de equilibrio mental e corporal no que ando involucrándome cada día máis; pero recoñezo que calquera estímulo nese sentido é todo un logro nos tempos que corren. E temos, ou debemos, apoialos con todas as nosas forzas.

Nós seremos os principais beneficiados. Non? Eu creo que sí! :)

Fonte Orixinal da nova | Mashable

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>