Lúa de mel nas illas Seychelles

Illas Seychelles

Seguro que, coma min, cando fostes nenos soñastes con casarvos algún día e ata pensastes no destino da lúa de mel. Dende a primeira vez que escoitei o nome destas illas, que vin vídeos e fotos sobre elas, estiveron na miña cabeza: as Illas Seycheles. Xa o seu nome invita a ir coñecelas. E creo que é un destino ideal para unha lúa de mel. Que conste que esto non significa que me vaia nin queira casar.

Illas Seychelles

Estas illas están situadas no océano Índico, na parte oriental de África, ao noroeste de Madagascar. Son un total de 115 illas de granito e coral. Mahé é a illa máis grande. Aquí situase a súa capital, Victoria, que é a única cidade do arquipélago, e ten o único aeroporto e porto internacional. Tamén acolle o 90% da poboación da illa. A principal atracción da capital é o Xardín Botánico, onde podemos observar tartarugas xigantes.

Son tres os idiomas oficiais: inglés, francés e criollo seychelense, un idioma basado no francés. Así que non creo que vaiamos a encontrar problemas por entendernos, por que moitos tamén falan con fluidez o alemán e o italiano. Unhas illas, ademáis de fermosas, políglotas.

Illas Seychelles

As illas gozan dun clima tropical, así que poderemos desfrutar dun clima cálido e ideal durante todo o ano, aínda que hay que decir que de novembro a marzo é a época de choiva, polo que é recomendable viaxar fora desa época. Como xa dixen antes, en Mahé encontrase o aeroporto internacional e tamén a sede da compañía Air Seychelles, que é a que se encarga dos viaxes entre as illas.

A comida típica das illas é a cociña criolla, a cal ten unha mestura da cociña autóctona, francesa e a india, o que permite crear platos ricos, exóticos e cheos de cores. E para desfrutar desta comida nada mellor que os restaurantes o aire libre, construídos en madeira e con teitos de palla. E o mellor é que están situados a orilla do mar dende onde se pode gozar dunha espectacular posta de sol.

Illas Seychelles

As praias de area fina e augas transparentes son un dos atractivos das Seychelles. E tamén se pode disfrutar de todo tipo de deportes náuticos como esquí acuático, windsurf, surf, lanchas, etc…

Seguro que estás illas fan que se disfrute dunha fermosa lúa de mel, xa que se está rodeado dun auténtico paraíso en todo momento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>