Vivir en Londres: un paseo por Camden

Ambiente en Camden

Flaco favor nos fai a globalización no que a mercados na rúa se refire, e o Camden Lock Market (en Londres) tampouco se escapa a esta uniformización. Pouco queda do gótico, punk ou alternativo e rompedor que caracterizaba esta área alá polos anos anos 80 ou 90. Pero ainda así é unha das visitas imprescindibles na cidade.

Un paseo fotográfico por Camden Lock Market

Comida na rúa, libros, tendas de segunda man, roupa inusual, accesorios, antigüidades, espectáculos… Todo esto o podes atopar aquí, e imaxinar a sorpresa e o choque cultural dos españois que chegaban a este micromundo de liberdade a principios dos 90.

Tamén é unha fonte infinita de tendencias e unha demostración de que todos os estilos poden convivir nunha mesma rúa. Pero para o meu gusto carece xa do elemento espontáneo e improvisado dos mercados de rúa e moitos dos productos que se venden están producidos en serie para vender neste e noutros famosos mercadillos de Londres.

Unha mostra máis da globalización do mercado de Camden é a aparición de postos típicos doutras partes do mundo. Neste caso unha moda importada dos países asiáticos, a pedicura feita por peixes.

A globalización en Camden

 Ainda quedan algúns punks en Camden…

Ainda quedan algúns punks en Camden

Clases de sushi gratuítas vendo como o fan os propietarios dos postos de comida na rúa.

Comida na rua en Camden

Despois dun importante proceso de rehabilitación, é unha marabilla perderse paseando polas rúas de orixe industrial e portuario que están pegadas á canle.

Puestos de todo tipo no mercado

Imaxes do mercadiño en Camden

Paseo por Camden

Outras das cousas a facer é sacarse as fotos típicas, unha delas comendo algo sentado nestes taburetes que simulan motos nun dos postos de comida.

Un posto de comida na rúa onde te sentas na vespa

Camden é perfecto para pasar un día (non ten porque ser domingo). Este foi o recorrido polo barrio que fixen antes de marcharme, acompañada por Iago e Ana (ambos de espaldas na foto), que foron compañeiros de aventuras nesta etapa e uns valentes que colleron a maleta e probaron sorte lonxe de casa.

Iago e Ana en Camden

Hai miles de artigos escritos sobre o mercadillo de Camden, eu neste só quero que vexades o que eu vin o último día que estiven alí. Pero se queredes máis información recoméndovos os seguintes enlaces: o especial da web visitlondon.com, tamén a web camdenlockmarket.com e outros datos prácticos dun domingo calquera contados en primeira persona.

Unha reflexión sobre “Vivir en Londres: un paseo por Camden

  1. Tamara

    Me encanta este post, igual que todos o casi todos los que he leído de “Equipaxe de man”, pero este en concreto, me hace recordar uno de mis viajes a Londres con mucho cariño, y a parte de felicitar a todo el equipo por el blog, quiero felicitaros porque día tras días nos animáis a viajar con vosotros y a querer que estos viajes se hagan realidad cuanto antes!!

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>