Lisbon Introduction

Captura de pantalla 2015-04-15 a las 20.45.41

Que Lisboa é unha cidade moi turística, que hai moito que facer e que é ben bonitiña xa o sabemos todos. Pero máis alá desa Lisboa que aparece nas guías, dos lugares con recoñecidas certificacións e boas reviews do TripAdvisor, existe outra Lisboa.

Na Lisboa dos lisboetas, señores con boina e bastón van á taberna de sempre a tomar para almorzar un chupito de ginja (o que sería a nosa augardente, pero alí doce, e de cereixa), e a aquela pastelería da esquina que ten os mellores pasteis de nata e pouca xente á cola para compralos. Na Lisboa dos Lisboetas o bo fado escoitase en Alfama, o bacallao cómese á grella e as mellores vistas da cidade non son desde o Cristo Rei de Almada, sen non desde abaixo do Cristo, nunha caliña de mariñeiros.

E sei todo isto porque desde fai unhas semanas estou colaborando coa empresa We Hate Tourism Tours, unha empresa que se define como “Lisbon Lovers” ou “Kings of Bacalhau”, e que teñen unha maneira peculiar e diferente de presentar a cidade ós turistas, ós guiris, ou como eles lles chaman, ós camons.

IMG_6294
Fai uns días fixen con eles unha destas rutas, a Lisbon Introduction e sorprendeume gratamente. A verdade é que non podo comparala cos tours oficiais de autobús vermello e cámara fotográfica colgada do pescozo, porque non tiven o gusto, (ou disgusto) de facer ningún, pero aínda así, podo afirmar que son moito mellores, xa que nos presentan a verdadeira Lisboa.

Esta ruta partiu da Praça de Luís de Camões, cuns 20 minutos de retraso. O guía explicounos, na súa presentación, que non era normal que eles chegasen tarde pero que o tren que os leva a eles desde as aforas de Lisboa ata o centro si, “portuguese style”. Este foi o primeiro encontro dos guiris, ou camons, coa realidade portuguesa.

Durante a ruta por Lisboa, que nos levaría a coñecer as rúas do centro, arte na rúa, o Parque das Nações e a un dos miradores máis escondidos da cidade ó que só os nativos saben chegar, o noso guía Rodrigo (de nome impronunciable en portugués), iríanos contando que non todo en Lisboa é marabilloso, se non que últimamente o turismo está a cambiar Lisboa e a maneira de vivir da xente.

P1070468

P1070475
O barrio de Alfama, dos máis antigos de Lisboa está a mudar a causa do turismo, xa que comeza a estar tan masificado que a xente prefire non vivir alí e múdase a outros barrios. Ou o caso dos tuk tuk, típicos tailandeses, e importados por pseudo-taxistas portugueses con intención de pasear ós turistas polo centro sen sufrir tantos atascos. Ata fai 5 anos había uns 10 tuk-tuks na cidade, agora case uns 400. A xente maior non os soporta, xa que poden pasar por esas rúas estreitas nas que antes eles se sentaban a ver pasar o día, agora, todos non collen.

tuktuk-alfama

Polo camiño, facemos algunha paradiña aquí e acolá para degustar as mellores bifanas, os mellores pasteis de nata, as mellores croquetas de camarón e os mellores xeados, podería decir, do mundo, os Santini.

pasteis-de-belem
A ruta remata no Cristo Rei, o Corcovado portugués, pero non alí exactamente, se non desde unha pequena cala que antes usaban os pescadores, e agora está abandonada. Todo ten o seu punto con We Hate Tourism Tours.

P1070484

P1070483

E para fechar o post, déixovos cos rapaces de We Hate Tourism Tours, roubando os mellores pasteis en Sintra!

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>