Letras Galegas tamén na Rede

rosalia_google

Achégase o día das Letras Galegas, e non podemos deixar de reparar no rol esencial que cumpre este blogue, así como o resto de blogues, páxinas web, wikis, redes sociais, e en definitiva, a totalidade de Internet, no proceso de normalización lingüística gracias á creación de contidos en galego.

Nun momento como o de agora, no que se prevé que de aquí a finais deste século case a metade das 6.000 linguas que existen acabarán por ir morrendo, faise fundamental utilizar ferramentas de comunicación como é a rede para darlle unha oportunidade de difusión única á nosa lingua, creando contido e compartíndoo, logrando unha maior difusión da nosa lingua e da nosa cultura.

É difícil coñecer a verdadeira presencia do galego na rede, basicamente por unha cuestión metodolóxica: número de páxinas web en galego con respecto a falantes de lingua galega, número de webs en galego con respecto ás outras webs, etc. Aínda así hai datos para todos os gustos, desde estudos que din que o galego está na posición 160 de linguas faladas na rede, posto 46 na Wikipedia, ou outros estudos que afirman que a presencia do galego na rede se pode equiparar á súa presencia na rúa.

Con todo, as webs en galego, como Equipaxe de Man, afrontamos riscos e tendemos a perder visitas, xa que Google, até o de agora, non está a favorecer a tódalas linguas por igual, e así, as páxinas web en galego teñen mermadas as súas capacidades para chegar a un público máis amplo xa que os resultados que Google ofrece cando un usuario fai calquera búsqueda na rede, soen ser principalmente en castelán, ou mesmo se escribes en Galego, Google é tan amable de ofrecerche unha tradución portugués-castelán.

Xunto connosco, foron xurdindo outras iniciativas, que non son poucas, que nos demostran que isto é posible. Nos últimos anos foron nacendo ducias e ducias de webs en galego, ferramentas como diccionarios, tradutores, correctores, a versión galega da Wikipedia (A Galipedia), prensa, revistas, blogues especializados, logramos que Google ofreza parte dos seus servicios en galego, e redes sociais tan importantes no noso día a día como Facebook e Tuenti xa están en galego tamén, e esperamos que Twitter pronto se suba ó carro.

En Equipaxe de Man, cremos no que facemos e seguiremos a contarvos as nosas bitácoras de viaxes pola noisa terra ou polo estranxieor, pero sempre en galego.

#NaRedeEnGalego 

E estes días comparte unha foto túa nas redes co libro en galego que estés a ler. Utiliza a etiqueta #AdeusTwitterAdeusFollowers, e axúdanos a coñecer qué libros len os seguidores de Equipaxe de Man.

CEuxlX_WMAAcIRc

Unha reflexión sobre “Letras Galegas tamén na Rede

  1. Pingback: Dicionario galego – internet, internet – galego | Páxina 81 | Marketing de contidos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>