“La Nonna” cociña para nós

O nome dun restaurante debería reflexar en todos os casos a esencia do que se pretende ofrecer no mesmo; cantas sorpresas nos evitaríamos deste xeito. No caso de La Nonna, avoa en italiano, é tal cal. Cando visitas este establecemento, sito en Arteixo, e que botou a andar no pasado mes de novembro da man de Andrés Barreira e Óscar Canto, a sensación que che transmite desde que entras pola porta ata que saes é a da atención e o mimo que sempre brinda unha avoa. E explícome.

Unha yaya sempre cede ante as peticións dun neto, por iso a carta de La Nonna é tan variada, porque non só ofrece a saborosa oferta típica dun bo restaurante italiano como as pizzas caseras ou os pratos de pasta fresca, senón que tamén proporciona unha rica cociña galega fundamentada na nosa materia prima de calidade de pezas únicas de carne e peixe mixturada con pratos de nouvelle cuisine. Ademais desta opción, o cliente tamén pode escoller entre as sanas e variadas opcións dos distintos menús do día, nos que son especialistas.

DSC_0682

Seguindo coa filosofía do coidado que sempre pretende proporcionar unha avoa, sobre todo cos netos máis pequenos, La Nonna dispón dunha zona de xogos infantís para que os maiores poidan comer tranquilos e os nenos disfruten xogando.

Asimesmo, a casa dunha matriarca de familia sempre se adapta ó número de comensais que sexan, polo que este restaurante, dotado de dúas prantas, ofrece mesa para disfrutar en parella ou en grupos reducidos de entre 6 ou 8 persoas na súa parte superior, e tamén para acudir en grupo (cunha capacidade de ata 60 pax.) na pranta baixa, permitindo deste xeito celebrar no local distintos eventos como cumpreanos, bautizos, comunións, etc.

Finalmente, e no que respecta á decoración, deixo que xulguedes vós mesmos a través das fotografías que figuran no post, e que falan por sí soas.

Unha reflexión sobre ““La Nonna” cociña para nós

  1. Sole Estevez

    Es una monada de restaurante, la comida riquísima y el trato inmejorable. Tanto los gerentes como los empleados son super amables y está todo buenísimo. …un diez!!!

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>