Ir a neve, desconectar, Berlín, Portugal,… propósitos viaxeiros para o 2016

Cidades europeas, escapadas, O Cebreiro,... son algúns dos meus propósitos viaxeiros para o 2016

Cidades europeas, escapadas, O Cebreiro,… son algúns dos meus propósitos viaxeiros para o 2016

Recoñézoo. Encántame iso de estrenar axenda, estirar mapa, facer xirar o globo terráqueo e soñar coas próximas aventuras viaxeiras. Aquí van algúns dos meus propósitos viaxeiros para o 2016. Por certo, feliz ano!

  • Ir á neve. Xa vos falei nalgunha ocasión de Helena e da súa equipaxe de man. Ben. Pois este ano, os Reis Magos trouxéronlle unha viaxe á neve. Pero non para que fose esquiar. Se non para que coñecese de primeira man un pobo cheo de neve. Así que tocará ir ós Ancares facendo parada nas Pontes do Gatín.
  • Desconecting. Algunha que outra fin de semana prometo desconectar; que sempre se agradece. Así que este ano prometo ir de visita a lugares sen conexión wifi e, a poder ser, con aguas termais.
  • Berlín seguramente será a próxima cidade europea que visite. Seguramente o faga na primavera, por iso de que os días son máis grandes e o tempo xa está agradable. ¿Algunha recomendación?
  • Por último, seguindo as miñas costumes, durante o 2016 farei algunha escapada a Portugal. Son moitos os factores polos que me gusta o país luso así que cada ano descubro un lugar novo que non deixa de sorprenderme.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>