Imos tomar un café con xeo

Cafe con xeo

Unha das cousas sinxelas que máis valoro no día a día, non das que requiren dispor de 5 contas en Suiza, é poder tomarme un café con xeo nun sitio no que as vistas me faciliten non pensar en mais nada, agás no que os meus ollos vexan pasar por diante. E seguramente sexa por iso que gozo de moitos dos bares da costa da morte a pé de praia.

Os que me coñecen, sábeno ben. Si, dacordo que son máis de comer ata non poder mais, pero cada vez que volto a zampar un bo churrasco coido que xa estou pensando no café con xeo de despois. E no que poderei ver diante mentras comezo o arisco proceso de dixestión das viandas. E que sucede as máis das veces que diante teño á outra mesa cos nenos berrando coma tolos?

cafe no pazo

Pois ahí empeza o bo: viaxo coa mente, na busca dalgún deses sitios do planeta nos que presumiblemente un sinte que o tempo non só se para, se non que parece ter diferentes velocidades dependendo da dirección na que observes. En que sitios suelo viaxar cando ninguén me ve? Pois a lugares onde todavía non fun, pero nos que sen lugar a dúbidas presupoño que o café ía ser realmente interesante.

Un deses sitios, o da Praza de Jamaa el Fna. Tal e como decribía Ubi na súa entrada, ver todo un país como Marrocos comprimido nunha soa praza, ten que ser impresionante. Aínda que non sei si millor entraría un te… ;)

Por suposto tamén se me veñen a cabeza sitios máis típicos, coma dende a cafetaría da Estatua da Liberdade en New York, ou imaxinándome no alto da Torre Eiffel perdéndome nos Parques Elíseos durante tantos minutos como tarde en fundirse o xeo…

E, xa para rematar, hai moitos outros lugares onde todavía non viaxei, pero aos que me encantaría poder ir so para saborear os seus “cafés de pota” particulares, mais alá da nosa terra galega, que potas hai de sobra polo mundo adiante!

A onde me recomendariades ir logo? Vémonos alí?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>